Jesús Franco: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Jglamela (conversa | contribucións)
Arranxos
→‎Biografía: Arranxos
Liña 15:
Aclamado polos fans do xénero de terror, que empezou a cultivar con bastante frecuencia, converteuse axiña nun inimigo da ditadura. Porén, as boas críticas recibidas polos seus traballos naquela época, materializáronse en axuda económica para poder continuar co labor. Exiliouse e continuou traballando no estranxeiro.
 
Non lle faltaron produtores fóra de España, e non só para as súas incursións no xénero de terror, xa que tamén tocou todo tipo de xéneros: comedia, drama, musical e mesmo o porno. En 1965 traballou como director deda unidadesegunda secundariounidade para [[Orson Welles]] en ''Campanadas a medianoche'', co que repetiría nos proxectos inacabados ''La isla del tesoro'' e ''Don Quijote''. Pero foi en 1967 cando gañou o clamor do público a nivel internacional, coa súa película ''[[Necronomicon]]'', que foi presentada no [[Festival Internacional de Cine de Berlín|festival de Berlín]].
 
Porén, as súas películas non sempre eran ben acollidas pola crítica ou o público. De feito, boa parte de crítica e público empezou a rexeitar e desprezar as súas ''aloucadas'' ideas. Así, centrouse en realizar películas de baixo presuposto e cunha velocidade asombrosa, chegando a lanzar seis, sete ou incluso máis títulos ó ano, traballando con moitas productoras en numerosos países, e incluso chegando a crear a súa propia (Manacoa Films). Este feito levouno a estrear moitos dos seus títulos baixo pseudónimos, "por recomendación das productoras, para non saturar o mercado cinematográfico", segundo explicou. En realidade a razón fundamental do uso de pseudónimos era a búsqueda dunha mellor venta da película, con nomes que soasen ben no mercado internacional e que soasen novidosos. Así, asinou algúns dos seus traballos como David Khunne, John O'Hara, Clifford Brown ou Pablo Villa.
Liña 27:
A principios dos 90 foi contactado pola Sociedade Estatal para a [[Exposición Universal de Sevilla de 1992]] para recompilar o material e montar a película que se estrearía co título de ''Don Quijote de Orson Welles'', unha película que o director americano rodara ó longo de décadas e deixara inacabada. Tras moito tempo de traballo e montaxe, estreou finalmente a película, aínda que non recibiu unha moi boa acollida pola crítica.
 
Tras anos nos que as películas de Franco só se podían ver ocasionalmente en España a través de ediciones en vídeo, en 1996 estrenaestrea enno cine ''Killer Barbys'', o que coincidiu cunha homenaxe en [[Nova York]] (onde recibiu un premio de mans de [[Roger Corman]]) e unha reivindicación xeral da súa obra.
 
Posteriormente a produción de Jess foi descendendo notablemente, aínda que seguiu rodando. Os seus máis recentes traballos foron como actor para películas dos seus colaboradores [[Pedro Temboury]] e [[José Roberto Vila]]. Tamén traballou como actor en moitas das súas películas e no clásico de Fernando Fernán Gómez ''El extraño viaje'' (1964), considerado un dos mellores filmes españoles de tódolos tempos.
 
En 2006 apadriñou óo colectivo español [[Digital 104]], que como el, defende a produción en formato dixital fronte ó problemático celuloide. Foi tamén o gran protagonista do documental ''The Life and Times of Jess Franco'' (2006), de [[José Luis García Sánchez]]. En [[2009]] recibou o [[Premios Goya|Goya]] de [[Premio Goya de honra|honra]].
 
==Pseudónimos==