Célula B de memoria: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Miguelferig (conversa | contribucións)
Miguelferig (conversa | contribucións)
Liña 7:
Ao inicio da primeira resposta (resposta primaria) a unha infección contra un determinado [[antíxeno]], as células virxes que responden a eles (que nunca antes foron expostas a un antíxeno) sofren unha selección clonal para producir unha colonia de células específicas para ese antíxeno. A maioría deses clons diferéncianse en [[célula plasmática|células plasmáticas]], tamén chamadas células B efectoras produtoras de [[anticorpo]]s, que atacan e intentan eliminar a infección. O resto dos clons non sofren esa diferenciación, senón que permanecen como células B de memoria, que poden vivir moitos anos, como media 10 anos.
 
O anticorpo producido por un clon (grupo de células xeneticamente idénticas) de células B teñen un [[paratopo]] exclusivo dese clon (o paratopo é a secuencia de aminoácidos do extremo dos anticorpos que se une ao [[epitopo]] do antíxeno). Isto permite que se unanuna con grande afinidade ao epitopo ao que é específico.
 
Cada vez que as células son inducidas a proliferar debido a unha infección, a rexión xenética que codifica o paratopo sofre [[mutación]]s espontáneas cunha frecuencia de aproximadamente 1 cada 1600 divisións celulares (o cal é unha frecuencia alta comparada con outras células, que teñen unha frecuencia de 1 en cada 10<sup>6</sup>). Este proceso denomínase [[hipermutación somática]].