Trigo: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Vilachan (conversa | contribucións)
lig int
Liña 368:
A papa é unha masa mol feita de [[fariña]] de trigo cocida con auga e [[cloruro de sodio|sal]] e adubada con [[leite]], [[mel]] ou outros [[aditivo alimentario|aditivos]]. É un prato consumido dende o [[Antigo Exipto]], moi tradicional dos pastores e da civilización [[Grecia clásica|grega]], quen o consumían con aceite.
 
Na [[India]] e no [[PakistánPaquistán]] é tradicional a súa elaboración a base de fariña triga integral e de preferencia do de trigo durum. En [[Arabia]] elabórase unha especie de papas chamadas ''fereek'' a base de grans de trigo non madurecidos. En [[Inglaterra]] facíanse antigamente un prato chamado ''[[frumenty]]'' a base de grans de trigo enteiro, que se poñen a remollo e se cocen no leite. Algo semellante facíase en [[Galicia]], as papas ou [[polenta]], mais soía cocerse fariña de [[millo]] en leite, xa que a fariña triga era reservada para días especiais, condsiderándose un luxo. En [[África]] faise o ''cuscús'', que se elabora preferibelmente a base de [[sémola]] de trigo duro; o cuscús fue introducido na cociña francesa a través dos restaurantes alxerianos. Tamén son moi famosas as ''gachas'' manchegas, un prato típico español.
 
=== Pan ===
Liña 374:
Antes de coñecer os métodos para levedar a masa de fariña triga, era moi popular o consumo de [[pan asmo]] ou sen [[fermento]]. Faise mesturando a fariña con auga e formando unha masa á que se lle engade sal e se lle dá forma antes de cocela. Na antigüidade usábanse pedras quentes ou cinsas coma fonte de calor antes de se implementar o [[forno]]. En [[Arabia]] e no norte de [[África]] aínda se elabora pan asmo.
 
[[Ficheiro:Various grains.jpg|thumbminiatura|250px|Variedades de pan.]]
 
A maior evolución na panificación deuse no [[antigo Exipto]], xa que descubriron o proceso de [[fermentación]]. O fermento orixinario consistía en lévedos naturais. Os [[lévedo]]s son diversos fungos microscópicos unicelulares que [[fermentación|levedan]] os hidratos de carbono na masa de fariña e auga producindo diversas substancias. Pode facerse pan fermentado de calquera clase de fariña, porén se se quere a a masa creza para termos un pan poroso e lixeiro, cómpre termos forza na fariña, o que depende dun maior contido en [[glute]] e da natureza das súas [[proteína]]s. Engadir sal inflúe na actividade das encimas e na estrutura da masa.
Liña 389:
=== Empanada ===
{{AP|Empanada}}
[[Ficheiro:Empanada.jpg|300px|Anacos de empanada|miniatura|dereita.]]
 
Outro xeito de consumo de trigo en Galicia moi común é coa empanada. É unha preparación culinaria consistente nunha [[masa]] e un recheo que se frixe ou coce no forno. A masa de [[fariña]], elaborada máis ou menos como unha masa de [[pan]], rechéase de [[carne]] ou outros produtos (tamén [[verdura]]s [[peixe]]s, ou [[marisco]]s variados), previamente cociñados de formas moi variadas segundo a [[gastronomía]] local. A masa está preparada xeralmente con trigo, pero pode estar feita con outros [[cereal|cereais]], como o [[millo]], engadíndoselle ás veces na preparación algún tipo de [[graxa]] (que pode ser [[aceite]], [[manteiga]] ou graxa de porco).
Liña 401:
As pastas son alimentos elaborados a base de [[sémola]] triga mesturada con auga e á que se lle pode engadir ovo, sal ou outros ingredientes, conformando un produto que se coce en auga a ferver. A elaboración de pastas alimenticias a base de trigo é unha práctica antiga, que segue especialmente nos países onde se cultiva o trigo. Regularmente utilízase a variedade de trigo ''[[Triticum durum|Durum]]'' para a súa elaboración, polo que é dun alto valor nutritivo, aínda que en lugares como [[Italia]] (onde o consumo de pasta é o máis elevado do mundo) fanse de fariña triga dura soa ou mesturada con fariña candeal dura en iguais proporcións. En [[Francia]], unha lei di que os macarróns e produtos semellantes só poden facerse de [[sémola]] de trigo duro.
 
[[Ficheiro:Puttanesca-1.jpg|thumbesquerda|leftminiatura|250px|Pastas alimenticias.]]
 
=== "Carne vexetal" ===