Diferenzas entre revisións de «Partido Socialista de Euskadi - Euskadiko Ezkerra»

sen resumo de edición
Sem resumo de edição
Sem resumo de edição
filiación internacional = O PSOE é membro da [[Internacional Socialista]] e do [[Partido Socialista Europeo]] |
web = [http://www.socialistasvascos.com/cast/index.php www.socialistasvascos.com]|
}}O '''Partido Socialista de Euskadi - Euskadiko Ezkerra''' ('''PSE-EE''') é a federación no [[Comunidade Autónoma Vasca - Euskal Autonomia Erkidegoa|País Vasco]] ([[España]]) do [[Partido Socialista Obreiro Español]] (PSOE).
 
A utilización da denominación '''PSE''' é unha forma de resaltar que a federación vasca do '''PSOE''' non é unha mera sucursal do partido estatal, e adopta na súa denominación o termo ''Euskadi'', acuñado polo [[nacionalismo vasco]] e alleo á tradición do partido ata a [[Guerra Civil Española|Guerra Civil de 1936]]. Aínda así foi o socialista [[Santiago Aznar]] quen propuxo como unha das primeiras medidas do primeiro [[Goberno Vasco]] a adopción da [[Ikurriña]] como insignia. Foi [[Ramón Rubial]], en 1945, quen vetou a Santiago Aznar a creación, clandestinamente, no interior, dunha agrupación socialista vasca sen dependencias doutras instancias.
Existen movementos socialistas no País Vasco desde 1886, e varias zonas industriais e mineiras foron ''feudos'' do PSOE desde comezos do século XX, pero a denominación de PSE non xurdiría como tal ata os [[anos 1970|anos 70]].
 
Nas primeiras eleccións autonómicas logo da aprobación do estatuto de 1979, no seu programa de 1980, o PSE defendía a transferencia da Seguridade Social ao Goberno Vasco, a creación dun banco público vasco, a xestión de portos e aeroportos ou o dereito de autodeterminación (tal e como se puido ver en numerosas manifestacións da época, onde era habitual ver a personaxes como "Txiki" Benegas ou Enrique Mugica)
 
Ata 1982 incluía non só ás Agrupacións Provinciais de [[Biscaia]], [[Guipúscoa]] e [[ÁlavaÁraba]], senón tamén á Agrupación Socialista de Navarra que en xuño de 1982 separouse para conformar o [[Partido Socialista de Navarra]], PSN-PSOE. Así, Carlos Solchaga, por exemplo, nacido en Tudela, foi membro do organo pre autonómico vasco, o '''Consello Xeral Vasco''', que presidiu o seu compañeiro [[Ramón Rubial]].
 
A pesar de que a denominación habitual dos militantes do '''PSE''' é a de ''socialistas vascos'', non hai que confundir ao '''PSE''' co [[Partido Socialista Vasco]], un pequeno partido integrante da [[esquerda abertzale]], de finais dos anos 70 e principios dos 80. Tampouco confundir co '''PSE''', [[Partido Socialista Europeo]].
71.867

edicións