Izquierda Castellana: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
mSen resumo de edición
Sen resumo de edición
Liña 1:
{{Partido Político
|nome = Izquierda Castellana (IzCa)
|definición = Partido político de [[Castela - Castilla|Castela]]
|mocidades=
|líder = [[Doris Benegas]]
Liña 16:
'''Izquierda Castellana''' (IzCa) é un movemento político radical [[nacionalismo castelán|nacionalista]] de esquerdas de Castela, constituído definitivamente en [[2002]] en Madrid, coa incorporación de [[Izquierda Comunera]] a unha organización na que se atopaban [[Unidad Popular Castellana]], [[Yesca]], [[Mujeres Castellanas]] e o [[Círculo Castellano de Toledo]]. O ''Partido Comunista del Pueblo Castellano'' (sección do [[Partido Comunista de los Pueblos de España]] na [[comunidade autónoma]] de [[Castela e León]]) entrou en Izquierda Castellana, pero despois abandonou a organización.
 
Izquierda Castellana é internacionalista, razón pola cal apoia diversos movementos de construción nacional no [[Comunidade Autónoma Vasca - Euskal Autonomia Erkidegoa|País Vasco]], [[Palestina]] ou [[Irlanda]]. Tal apoio faise sempre dende unha perspectiva democrática e de soberanía das clases traballadoras.
 
O obxectivo de Izquierda Castellana é conseguir unha [[Castela - Castilla|Castela]] unida, superando a división da nación castelá entre cinco comunidades autónomas (consideran que Castela está formada por [[Cantabria]], [[Castela e León]], [[Comunidade de Madrid|Madrid]], [[A Rioxa]] e [[Castela-A Mancha]]), [[socialista]], soberana e [[república|republicana]], facendo propia a tradición [[Guerra das Comunidades de Castela|comunera]], que reivindica anualmente, cada [[23 de abril]], nas concentracións de [[Villalar de los Comuneros]]. Este día é considerado por organizacións nacionalistas castelás, como Izquierda Castellana e [[Tierra Comunera]] como o ''Día Nacional de Castela'', pero oficialmente é o [[día de Castela e León|día da comunidade de Castela e León]].