García Rodríguez de Valcarce: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
m engado categoría
m erros gramaticais pequenos
Liña 36:
==Devanceiros==
García Rodríguez de Valcarce era fillo de [[Xoán Freire de Andrade]] e de [[Constanza García]].
SeuO seu avó paterno foi o Mestre da [[Orde de Cristo]] [[Nuno Freire de Andrade, mestre da orde de Cristo|Nuno Freire de Andrade]], irmán do primeiro señor de Pontedeume [[Fernán Pérez de Andrade, O Boo]], que pasou gran parte da súa vida en [[Portugal]].
SeuO seu avó materno foi [[Adiantado Maior de Galicia]] e chamábase igual ca el. Tivo tamén un tío materno homónimo.
 
==Posesións, señoríos e doazóns==
SeuO seu avó Nuno Freire casara coa portuguesa [[Tereixa Rodrigues de Tábora]] parente próxima de [[Leonor de Guzmán]], nai do rei [[Henrique II de Castela|Henrique II]]. Por mor deste parentesco, os noivos recibiron como dote os coutos de [[Valón, Doniños, Ferrol|Valón]] e [[Brión, Ferrol|Brión]] na [[Terra de Trasancos]] que pasarían a formar parte posteriormente das posesións dos García Rodríguez.
 
García Rodríguez de Valcarce loitou xunto a Henrique II na [[batalla de Nájera]] contra Pedro I. A derrota do Trastámara foi estrepitosa e García Rodríguez foi presotomadopreso. Para pagar o seu rescate tivo que entregar os coutos mencionados de Valón e Brión. Este feito tentou aproveitalo o seu tío-avó, Fernán Pérez de Andrade o Bo, para cobrar tributos neses coutos. Tivo que intervir Henrique II para pararlle os pes ao [[Casa de Andrade|Señor de Pontedeume]].
 
Ademais dos coutos mencionados, García Rodríguez posuía tamén en terras de Trasancos os señoríos de Santa Uxía de [[Mandiá, Ferrol|Mandiá]] desde [[1401]], e o couto e [[castelo de Moeche]], desde o que gobernaba as súas posesións en Trasancos, [[Lamas, San Sadurniño|Lamas]] e [[Cerdido]]. Tiña tamén a encomenda do [[mosteiro de Pedroso]] do que era mordomo.
Liña 48:
O rei Henrique II concedeulle o señorío da vila das Pontes en recoñecemento á súa lealdade e polos servizos prestados.
 
Pola banda materna, herdou distintas propiedades no [[Bierzo]]. Foi encomendeiro do [[mosteiro de Carracedo]] a quen desembarga da súa encomenda en [[1394]], o lugar de Frieira e as herdadesherdadas de Lagumanes e Entoma, co obxecto de ser soterrado nese mosteiro ao morrer. Descoñécese a data do seu pasamento, porén sábese que xa ocorrera en 1412, cando a súa viúva vende o castelo de Moeche á súa filla Constanza García, casada con [[Pedro Álvarez Osorio]], señor de Cabrera e Ribeira.
 
==Casamento e descendencia==