Manuel García Blanco: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
m Desfixéronse as edicións de 84.79.64.229 (conversa); cambiado á última versión feita por Xas
Sen resumo de edición
Liña 2:
 
== Traxectoria ==
[[Ficheiro:Castelo de Pambre, Pambre, Palas de Rei.jpg|miniatura|Castelo de Pambre, lugar de nacemento de García Blanco.]]
Licenciouse en Filosofía e Letras na [[Universidade Central de [[Madrid]], véndose influído polo maxisterio intelectual do , [[Filosofía|filósofo]] e [[Pedagoxía|pedagogo]] [[Francisco Giner de los Ríos]], fundador e director da [[Institución Libre de Enseñanza]]. Doutorouse no ano [[1907]] coa tese ''La clasificación de las ciencias de Bacon a Spencer''. Pouco despois do seu doutoramento, ingresa no corpo de Estatística da Administración do Estado por concurso de méritos. Inicialmente destinado en Albacete durante uns meses, cedo viu cumprido o seusua anceioarela de voltarvolver á súa terra, exercendo como Xefe de Estatística da Delegación Provincial da cidade de [[Lugo]] deica se xubilar.
 
Xa durante os seus tempos de estudante universitario en Madrid, envía escritos ao xornal lugués ''[[El Norte de Galicia]]'', colaborando periodicamente neste medio entre os anos [[1903]] e [[1915]]. Tamén escribe no xornal ''[[El Progreso (xornal)|El Progreso]]'', así mesmo de Lugo, entre os anos [[1911]] e [[1927]]. As súas colaboracións, centradas en cuestións de divulgación filosófica, [[Historia|histórica]], asuntos de actualidade política nacional e internacional, pedagoxía e [[filoloxía]] foron frecuentemente asinadas baixo pseudónimos, como "Trpséfobo" ou "Manuel da Torre" -en alusión ao seu lugar de nacemento-, polo que son difíciles de identificar. Moitos dos seus escritos teñen sido localizados mercé ao seu arquivo persoal, conservado pola súa familia.
 
No ano [[1912]] publicou ''[[Consideraciones sobre la decadencia y rehabilitación de la lengua gallega]]'', asinado baixo as iniciais M.G.B. Nesta obra deféndese o uso do galego no ensino, actitude pioneira no seu tempo, aparecendo referencias nos xornais ''[[La Voz de Galicia]]'' e ''[[Heraldo de Vigo]]''. Sobre este escrito tense mantido que, neste período (previo á fundación das [[Irmandades da Fala]]), apenas existiron análises tan ponderadas e oportunas encol da problemática sociolingüística do idioma galego<ref name=GEG>Alonso Montero, Xesús: in [[Gran Enciclopedia Gallega]], "García Blanco, Manuel" ([[Silverio Cañada]] Edit.; [[Xixón]] 1974)</ref><ref>"García Blanco, Manuel" in Gran Enciclopedia Galega (el Progreso - [[Diario de Pontevedra]], 2003)</ref>.
 
Cinco anos despois, no número 12 de ''[[A Nosa Terra (1916)|A Nosa Terra]]'', do [[10 de marzo]] do [[1917]], anunciouse a tradución ao galego da obra baixo o epígrafe ''Consideración sobre a fala galega''<ref>Malia estar prevista a súa publicación por entregas co subtítulo ''Folletón de A Nosa Terra'', só se editou a primeira delas, no número 17 da revista, do [[30 de abril]] do mesmo ano.</ref>, dicíndose dela que
Liña 15 ⟶ 16:
:::''Esquenceran os patrios acentos,''
:::''Suidosos e brandos''
::::::::''[[Pondal]]"''<ref name=ANON>Asemade, na mesma nota, non se deixa de aludir ao afán de anonimato que caracteriza ao autor.</ref>}}
 
O seu ''cursus academicus'' viuse parcialmente truncado ao non acadar a Cátedra de [[Literatura]] do instituto de Lugo á que optou no ano 1920; a partir de entón só publicará un escrito máis, no ano [[1940]], en parte debido ás responsabilidades do seu posto público como Xefe do Instituto de Estatística. Malia esta contrariedade, exerceu como profesor auxiliar de diversas materias (catedrático de [[Lingua francesa|francés]], profesor de [[latín]] e outras especialidades) no Instituto de Lugo.<ref name=GEG/>
 
Xa no ano [[1940]], dentro do Servizo de Publicacións da Dirección Xeral de Estatística, apareceu a súa obra ''Estudio geográfico ey toponímico dade la provincia de Lugo''. A parte adicada á toponimia é considerada dun grande valor, achegando xuízos moi acertados encol da regaleguización de ducias de topónimos castelanizados (resultando menos afortunada a referida ás sempre arriscadas propostas etimolóxicas). A obra é aínda máis salientábel considerando o abandono do que os estudos lingüísticos adoecían naquel tempo e a inexistencia de investigacións sobre o galego. O escrito propiciou no [[1944]] as ''Notas a un folleto sobre geografía y toponimia lucense'', do Catedrático de Latín da [[Universidade de Santiago de Compostela]] [[Abelardo Moralejo Laso]], lingüista galego que salientou especialmente nos estudos toponímicos.
 
===Vida persoal e familiar===
Modesto, pouco amigo da celebridade e a adulación (como demostra o seu reiterado emprego de pseudónimos en publicacións non oficiais, que xa chamara a atención nas publicacións galeguistas da preditadura<ref>Vid. nota 5<name=ANON/ref>) e armado dun rexo espírito crítico que non o facía vítima da comenencia social e a falsa amizade, si cultivou a fraternidade dos amigos, tanto das xentes populares coas que medrara na [[Comarca da Ulloa|Ulloa]] e coas que nunca deixaría de manter o trato coma da marxinada e amordazada intelectualidade da posguerra, salientando entre os seus amigos [[Eduardo Seijas]], [[Ánxel Fole]], [[Luís Pimentel]] e [[Celestino Fernández de la Vega]], cos que compartía inquedanzas durante longos paseos e faladoiros baixo a interesada ollada dos seus alumnos.
 
A paulatina decepción polo devir político afastouno progresivamente do interese pola política inmediata que o ocupara durante as primeiras décadas do [[século XX]]. Entre as súas anécdotas ao respecto, sempre tinxidas dun culto enxeño irónico, cabe citar a resposta dada ao Xefe de [[Falange Española Tradicionalista y de las JONS|Falange Española]] en Lugo cando, en plena [[Guerra Civil Española|Guerra Civil]] e dado o seu dominio da [[lingua alemá]], este lle ofreceu ir ao [[Berlín]] nazi como agregado cultural: con xesto ponderado, aduciu que <nowiki>''</nowiki>"Tería que reler a Kant"<nowiki>''</nowiki> (facíao en alemán!), mesturando as súas características modestia e ironía para evitar quedar forzado polas circunstancias a unha situación que en absoluto consideraba do seu agrado.
 
Casado con Dolores Ouro, con quen tivo catro fillos (Manuel, Ánxela, Andrés e Camila), pasou os derradeiros lustros da súa vida nun ambiente familiar onde non deixou de cultivar o estímulo intelectual. Xa nonaxenario, apesadumbrouno desprenderse da Torre de Pambre, perante o desinterese dos herdeiros, poucos meses antes do seu pasamento.
 
==Notas==
{{Listaref|2}}
 
==Vexase tamén==
===Bibliografía===
*AAVV. [[Goretti Sanmartín Rei|Sanmartín Rei, G.]] (ed.). [http://illa.udc.es/rgf/pdf/mon_7.pdf ''Consideracións sobre a decadencia e a rehabilitación da lingua galega. Homenaxe a Manuel García Blanco''] [[UDC]], 2012, ISBN 978-84-9749-527-1.
*Artigo "GARCÍA BLANCO, Manuel" da Gran Enciclopedia Galega Silverio Cañada.
 
 
{{ORDENAR:Garcia Blanco, Manuel}}
[[Categoría:PersonalidadesEscritores de Galicia]]
[[Categoría:Escritores en lingua castelá]]
[[Categoría:Nados en Palas de Rei]]
[[Categoría:Nados en 1882]]