Manuel Díaz y Díaz: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
m Engadindo ligazón interna cara ao artigo Dialnet
lig ints; + cat
Liña 2:
 
==Traxectoria==
Licenciado en [[Filoloxía Clásica]] pola Universidade de Madrid en [[1945]]. Doutorado [[1949]], obtivo praza de catedrático de instituto e, despois, de catedrático de [[Filoloxía Latina]] nas Universidades de [[Valencia - València|Valencia]] (1953-1956), [[Universidade de Salamanca|Salamanca]] (1956-1968) e finalmente na [[Universidade de Santiago de Compostela]] dende [[1968]]. Entre 1971 e 1974 foi director do Colexio Universitario de Lugo. Membro da sección de Patrimonio Histórico do [[Consello da Cultura Galega]] polo [[Instituto de Estudos Xacobeos]] dende 1991, investigou sobre todo o [[latín medieval]]. Era especialista en lingua e literatura latinas e en numerosos aspectos do mundo medieval (literatura, [[Cristianismo]], [[Codicoloxía]] o [[Paleografía]], entre outros). Casou con Joaquina de Bustamante e tivo cinco fillos.
 
Os seus traballos abarcan todas as materias relacionadas coa Idade Media española: desde o estudo da cultura libresca visigoda, ata os inicios da cronística do Reino de Asturias. Foi mestre e mentor de toda unha xeración de historiadores e filólogos. Entre os seus discípulos figuran [[Santiago Jiménez]], [[Fernando López Alsina]] e [[Mercedes Brea]].
 
Foi o primeiro presidente da Axencia para a Calidade do Sistema Universitario en Galicia (ACSUG). Recibiu en 1979 a Medalla ao Mérito Docente da [[Orde de Afonso X o Sabio]], e en 1997, o Premio Nacional de Investigación Ramón Menéndez Pidal; en 2003, o sétimo premio do Grupo Compostela, de universidades de toda Europa. Foi doutor ''honoris causa'' polas Universidades Clásica de [[Lisboa]] (1980), [[Salamanca]] (1993), [[Universidade de Coímbra|Coímbra]] (2002) e [[León, España|León]]. En 1991 recibiu a medalla de Prata de Galicia, e en 1994 o Concello de Santiago outorgoulle a Medalla de Ouro ao mérito cultural. O Grupo Compostela de Universidades concedeulle en 2003 o VII Premio Internacional Compostela-Xunta de Galicia. Foi académico correspondente da [[Academia de Ciencias de Lisboa]].
 
==Obras==
Liña 24:
[[Categoría:Nados en 1924]]
[[Categoría:Finados en 2008]]
[[Categoría:Personalidades de Galicia sen imaxes]]