Laboratorio de Propulsión a Chorro: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Dodro (conversa | contribucións)
Sen resumo de edición
Dodro (conversa | contribucións)
Sen resumo de edición
Liña 1:
{{en uso}}
{| class="infobox" style="width:230px; font-size:8pt;"
|-
Liña 8 ⟶ 7:
! colspan="2" align="center"|[[Image:US-GSA-USAGov-Logo.svg|140px]]
|}
'''''Jet Propulsion Laboratory'' (''JPL'')''' é un centro de investigación e desenvolvemento espacial financiado polo goberno federal, administrado polo [[Instituto Tecnolóxico de California]] (''Caltech'') e patrocinado pola [[NASA]], localizado en La Cañada Flintridge (California), Estados Unidos.
 
O Laboratorio de Propulsión a Chorro ten como función primordial a construción e o control de naves robóticas enviadas ó espazo amais de controlar as misións de astronomía na orbita terrestre. O ''JPL'' tamén é o responsable de dirixir as operacións da ''"Rede do Espazo Profundo"'' da [[NASA]].
 
Entre os proxectos de máis relevancia que realizou o laboratorio destacan; a misión [[Mars Science Laboratory]] (da que forma parte o rover [[Curiosity]]), a sonda espacial [[Mars Pathfinder]], a misión [[Sonda Cassini-Huygens|Cassini-Huygens]] cara a órbita de [[Saturno]], a [[Mars Exploration Rover Opportunity]], a [[Mars Reconnaissance Orbiter]], a misión [[Dawn]] cara o planeta anano [[Ceres]] e o asteriode [[4 Vesta|Vesta]], a nave [[Juno (sonda espacial)|Juno]] de camiño cara a [[Xúpiter]], o telescopio espectroscópico de gama nuclear [[NuSTAR]] (telescopio de [[raios X]]) e o telescopio espacial [[Telescopio Spitzer|Spitzer]], entre outros.
 
O centro de control de operacións espaciais ''"Space Flight Operations Facility"'' amais o simulador de condicións espaciais ''"Twenty-Five-Foot Space Simulator"'' do Laboratorio de Propulsión a Chorro están considerados como ''"Fitos Histórico Nacionais"'' de Estados Unidos.
Liña 19 ⟶ 18:
Os comezos do Jet Propulsion Laboratory remóntanse a década de 1930, cando o profesor [[Theodore von Kármán]] empezou a realizar experimentos con foguetes a propulsión no Laboratorio Aeronáutico Guggenheim do Instituto Tecnolóxico de California.
 
En 1943 algúns dos estudantes que participaran nas investigacións e o desenvolvemento deste tipo de propulsores, entre os que destacan Frank Malina, Jack Parsons, e Edward S. Forman, fundan xunto con Kármán a "''Aerojet Corporation''", dedicada a construción de motores ''JATO'', cambiando formalmente o nome en novembro dese mesmo ano a Jet Propulsion Laboratory e establecendose un contrato de colaboración co exercito a través da universidade.
 
Durante a Segunda Guerra Mundial o ''JPL'', a petición do exercito, dedicouse a analizar e investigar sobre os [[Foguete V2|foguetes V2]] desenvolvidos por Alemaña durante a contenda, colaborando amais noutros proxectos bélicos.
 
Os anos que o JPL colaborou co exército dos Estados Unidos desenvolveu mísiles balísticos, sistemas antimísiles e algún tipo de foguete suborbital. Un [[módulo de descenso]] lunar (''"lander"'', en inglés) foi deseñado en 1938-39, prototipo que posteriormente influenciaría no deseño do módulo de aterraxe lunar da misión Apolo.
 
Na década de 1950, en colaboración co grupo de enxeñeiros en foguetes espaciais de [[Wernher von Braun]], o JPL formou parte dun equipo que ideou unha tecnoloxía para a reentrada na atmosfera. Amais este equipo lanzou ao espazo o primeiro satélite americano, o [[Explorer 1]], en febreiro de 1958.
 
O Jet Propulsión Laboratory quedou baixo a responsabilidade da NASA en decembro de 1958, converténdose no centro de aeronáutica espacial da NASA. O JPL deseñou e dirixiu as operacións das misións lunares Ranger e Surveyor que prepararon o camiño da [[Proxecto Apollo|misión Apolo]]. O Laboratorio de Propulsión a Chorro tamén foi pioneiro na exploración interplanetaria concibindo as misións [[Programa Mariner|Mariner]] a [[Venús]], [[Marte]] e a [[Mercurio (planeta)|Mercurio]].
 
En 1998 o JPL crea o ''"Programa para Obxectos Próximos á Terra"''; en 2013 xa se atoparan o 95% dos asteroides dun quilómetro ou máis de diámetro que cruzan ca orbita terrestre.
 
== Lista de directores ==
*Dr. Theodore von Kármán; 1938 - 1944
*Dr. Frank Malina; 1944 - 1946
*Dr. Louis Dunn; 1946 - 1 de marzo de 1954
*Dr. William H. Pickering; 1 de marzo de 1954 - 31 de marzo de 1976
*Dr. Bruce C. Murray; 1 de abril de 1976 - 30 de xuño de 1982
*Dr. Lew Allen, Jr.; 22 de xullo de 1982 - 31 de decembro de 1990
*Dr. Edward C. Stone; 1 de xaneiro de 1991 - 30 de abril de 2001
*Dr. Charles Elachi; 1 de maio de 2001 - presente
 
== Véxase tamén ==