Isoforma: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Miguelferig (conversa | contribucións)
Sen resumo de edición
Miguelferig (conversa | contribucións)
Liña 14:
==Glicoformas==
Unha '''glicoforma''' é unha isoforma dunha [[glicoproteína]] que se diferencia doutra só polo número ou tipo de [[glicano]]s unidos a ela. As glicoproteínas a miúdo teñen varias glicoformas, que presentan alteracións nos [[sacárido]]s ou [[oligosacárido]] que levan unidos. Estas modificacións poden orixinarse por diferenzas na biosíntese durante o proceso de [[glicosilación]], ou debidas á acción de [[glicosidase]]s ou [[glicosiltransferase]]s. As glicoformas poden detectarse por medio de análises químicas detalladas, ou por reacción diferencial con [[lectina]]s, como na [[cromatografía de afinidade de lectinas]] e a [[electroforese de afinidade]] de lectinas. Exemplos típicos de glicoproteínas con distintas glicoformas son moitas [[proteína sanguínea|proteínas sanguíneas]] como a [[orosomucoide]], [[antitripsina]], e [[haptoglobina]]. Unha glicoforma pouco usual é a da [[molécula de adhesión celular neural]] ([[NCAM]]) na que están implicados [[ácido polisiálico|ácidos polisiálicos, PSA]].
 
==Isoformas en química==
En [[química]] o termo isoforma pode utilizarse de forma xeral para referirse a moléculas de composición idéntica pero de diferente construción en comparación con outras.
 
==Notas==