Enolase: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Miguelferig (conversa | contribucións)
Miguelferig (conversa | contribucións)
Liña 51:
 
==Estrutura==
A enolase ten unha [[masa molecular]] de 82.000-100.000 [[dalton (unidade)|dalton]] dependendo da [[isoforma]] de que se trate.<ref name=Pancholi/><ref name=Hoorn/> Na [[alfa enolase]] humana, as dúas subunidades son [[Antiparalelismo (bioquímica)|antiparalelas]] en canto á súa orientación de modo que o [[Glutamato|Glu]]<sup>20</sup> dunha subunidade forma un [[enlace iónico]] coa [[Arxinina|Arg]]<sup>414</sup> da outra subunidade.<ref name=Pancholi/> Cada subunidade ten dous dominios distintos. O dominio [[N-terminal]] menor consta de tres [[hélice alfa|hélices α]] e catro [[láminas beta|láminas β]].<ref name=Pancholi/><ref name=Peshavaria/> O dominio [[C-terminal]] maior empeza con dúas follas beta β seguidas de dúas hélices α e ramata nun barril composto de follas β e hélices α alternantes dispostas de modo que as follas β queden rodeadas de hélices α.<ref name=Pancholi/><ref name=Peshavaria/> A estrutura globular compacta do encima orixínase polas significativas interaccións hidrofóbicas entre estes dous dominios.
 
A enolase é un encima moi conservado que ten cinco residuos no [[sitio activo]] que son especialmente importantes para a súa actividade, que son: His<sup>159</sup>, Glu<sup>168</sup>, Glu<sup>211</sup>, Lys<sup>345</sup>, Lys<sup>396</sup>. Unha enolase mutante que difira nalgún dos residuos Glu<sup>168</sup>, Glu<sup>211</sup>, [[lisina|Lys]]<sup>345</sup>, ou Lys<sup>396</sup> comparada coa enolase de tipo salvaxe, ten un nivel de actividade 105 veces menor.<ref name=Pancholi/> Ademais, os cambios que afectan á [[Histidina|His]]<sup>159</sup> fan que o mutante teña só o 0,01% da súa actividade catalítica.<ref name=Pancholi/> Forman parte integral da enolase dous [[cofactor]]es Mg<sup>2+</sup> situados no sitio activo, que serven para estabilizar as cargas negativas no substrato.<ref name=Pancholi/><ref name=Peshavaria/>