Manuel García Blanco: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Sen resumo de edición
mSen resumo de edición
Liña 1:
'''Manuel García Blanco''', nado o [[19 de decembro]] do [[1882]] no [[castelo de Pambre]] (lugar[[A Torre, Pambre, Palas de Rei|A Torre]], [[Palas de Rei]]) e finado en [[Lugo]] o mesmo[[19 mesde edecembro]] día do seu nacemento dode [[1974]], foi un persoeiro da vida cultural galega.
 
== Traxectoria ==
Licenciouse en Filosofía e Letras na Universidade Central de [[Madrid]], véndose influído polo maxisterio intelectual dedo [[Francisco Giner de los Ríos]], [[Filosofía|filósofo]], e [[Pedagoxía|pedagogo]] e[[Francisco ensaístaGiner españolde los Ríos]], fundador e director da [[Institución Libre de Enseñanza]]. Doutorouse no ano [[1907]] coa tese ''La clasificación de las ciencias de Bacon a Spencer''. Pouco despois do seu doutoramento, ingresa no corpo de Estatística da Administración do Estado por concurso de méritos. Inicialmente destinado en Albacete durante uns meses, cedo viu cumprido o seu anceio de voltar á súa terra, exercendo como Xefe de Estatística da Delegación Provincial da cidade de [[Lugo]] deica se xubilar.
 
Xa durante os seus tempos de estudante universitario en Madrid, envía escritos ao xornal lugués ''[[El Norte de Galicia]]'', colaborando periodicamente neste medio entre os anos [[1903]] e [[1915]]. Tamén escribe no xornal ''[[El Progreso (xornal)|El Progreso]]'', así mesmo de Lugo, entre os anos [[1911]] e [[1927]]. As súas colaboracións, centradas en cuestións de divulgación filosófica, [[Historia|histórica]], asuntos de actualidade política nacional e internacional, pedagoxía e [[filoloxía]] foron frecuentemente asinadas baixo pseudónimos, como "Trpséfobo" ou "Manuel da Torre" -en alusión ao seu lugar de nacemento-, polo que son difíciles de identificar. Moitos dos seus escritos teñen sido localizados mercé ao seu arquivo persoal, conservado pola súa familia.
Liña 17:
::::::::''Pondal"''<ref>Asemade, na mesma nota, non se deixa de aludir ao afán de anonimato que caracteriza ao autor.</ref>}}
 
O seu ''cursus academicus'' viuse parcialmente truncado ao non acadar a Cátedra de [[Literatura]] do instituto de Lugo á que optou no ano 1920; a partir de entón só publicará un escrito máis, no ano [[1940]], en parte debido ás responsabilidades do seu posto público como Xefe do Instituto de Estatística. Malia esta contrariedade, exerceráexerceu como profesor de diversas materias (catedrático de [[Lingua francesa|francés]], profesor de [[latín]] e outras especialidades) no Instituto de Lugo, tarefa que tomará como unha agradábel actividade complementaria que lle permite incrementar os ingresos salariais e asemade rachar co prosaico do traballo oficinesco, facéndoo merecente da agarimosa lembranza de varias xeracións de alumnos que non deixarán de agradecer o seu maxisterio mesmo en escritos publicados moitas décadas despois.
 
Xa no ano [[1940]], dentro do Servizo de Publicacións da Dirección Xeral de Estatística, apareceu a súa obra ''Estudio geográfico e toponímico da provincia de Lugo''. A parte adicada á toponimia é considerada dun grande valor, achegando xuízos moi acertados encol da regaleguización de ducias de topónimos castelanizados (resultando menos afortunada a referida ás sempre arriscadas propostas etimolóxicas). A obra é aínda máis salientábel considerando o abandono do que os estudos lingüísticos adoecían naquel tempo e a inexistencia de investigacións sobre o galego. O escrito propiciou no [[1944]] as ''Notas a un folleto sobre geografía y toponimia lucense'', do Catedrático de Latín da [[Universidade de Santiago de Compostela]] [[Abelardo Moralejo Laso]], lingüista galego que salientou especialmente nos estudos toponímicos.
Liña 27:
 
Casado con Dolores Ouro, con quen tivo catro fillos (Manuel, Ánxela, Andrés e Camila), pasou os derradeiros lustros da súa vida nun ambiente familiar onde non deixou de cultivar o estímulo intelectual. Xa nonaxenario, apesadumbrouno desprenderse da Torre de Pambre, perante o desinterese dos herdeiros, poucos meses antes do seu pasamento.
 
==Notas==
{{Listaref}}