Xosé Manuel García: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Sen resumo de edición
Sen resumo de edición
Liña 6:
Manolo García comezou a interesarse pola política desde a súa época universitaria, militando daquela na formación estudantil nacionalista [[ERGA]]. Cando se desprazou a traballar a [[Muros]], comezou a súa participación na vida política de [[Carnota]] desde a Asemblea Local do [[BNG]], que o levou a encabezar a candidatura local no ano [[1995]], pasando a ser lider da oposición nesas mesmas eleccións, destacando xunto cos seus compañeiros pola intensa labor de control do daquela goberno do [[PP]], e a maduración das vías do [[nacionalismo]] para acadar a alcaldía.
 
Foi elixido de novo como candidato do BNG de Carnota para as [[Eleccións Municipais]] de [[1999]], ano no que o BNG alcanzou a cifra de 5 concelleiros de 13 posíbeis, chegando así á alcaldía que revalidaría no ano [[2003]].
 
No [[2007]] rexeita volver a presentarse a candidato do BNG de Carnota a revalidala alcaldía por problemas de saúde, co que pecha así un intenso ciclo dedicado á política activa e en especial ao concello que gobernou durante oito anos.