Ruta dos miradoiros: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Xelo2004 (conversa | contribucións)
m proxima incorporacion de datos, poño marcador enuso
 
Xelo2004 (conversa | contribucións)
m retiro marcador enuso, falta correccions, ligazons oportunas e fotos
Liña 1:
A '''Ruta dos Miradores,''' parte dende a Praza de España (detrás da Torre dos Moreno) e desprazase polas rúas da Trinidade e Bispo Veres (a mán dereita) achamos o Mirador da Atalaia:
{{enuso}}
------
* O '''Mirador da Atalaia''' esta o caron da capela máis antiga de Ribadeo; a capela da Nosa Señora da Trinidade. Datada do seculo XII cunha porta gotica do seculo XIV. O lugar serviu noutrora para protexe-la vila e ten coma reflexos dos obxectivos devensivos do emprazamento dous canons na parte baixa do mirador. Tamén podemos disfrutar dunha preciosa estampa da ría, dos restos da muralla, o porto e mailo pobos asturianos de Figueras e Castropol. Pola noite, o encanto da Atalaia non desaparece xa que dispon dun xogo de luces que intensifican a súa beleza.
------
Dando a volta por esta mesma rúa, podese baixar polas antigas escaleiras Martínez donde se aparece a rúa Anton Otero que vai direccion a ría. No fondo remata no paseo marítimo (e outras rúas), neste paseo achamos na esquerda o porto deportivo de Porcillán, pero temos que ascender pola rúa Calvo Sotelo (que vai cara o paseo do Faro; esta seria unha das alternativas). Chegamos a rúa Viejo Pancho e pola man dereita nos metemos por un calexón que vai sair a rúa San Miguel. Desta pasamos a rúa Calvo Sotelo (pasando polo Cuartel Vello); cruzase esta rúa saindo de novo o paseo do Faro que se percorrerá seguindo o caron da Ría de Ribadeo, aqui atopamos tres miradores: Capela de San Miguel, Cargadeiro e Illa Pancha.
-------
*O '''Mirador de San Miguel''' esta o caron da capela do mesmo nome, polas súas cercanías esta, tamén, a capela de San Román, situada na beira contraria da Ría de Ribadeo e visible dende este mirador. A Ponte dos Santos e unha excelente vista sobre o porto deportivo e das actividades marítimas danlle gran orixinalidade a este mirador. Tamén é punto privilexiado para olla-las regatas de bote de vela latina, exclusivos da Ría de Ribadeo, que se celebran durante o veran.
*O '''Mirador do Cargadeiro''' é outro punto de para obligada. A caron deste mirador comenza o mellor paseo da beira da Ría de Ribadeo. Resalta del unha estructura de madeira que voa sobre a ría sostida por pilares do antiguo cargadeiro de mineral de ferro que noutrora foron de importante actividade económica de Ribadeo (na primeira medade do século XX). Dende elo pódese ver unha particular riqueza paisaxistica da ría e da zona, augas limpas, rochas e calas pedregosas. Pola súa esquerda, a unhas cantas dúceas de metros, está o Forte de San Damián. Unha construcción militar do seculo XVIII de caracter defensivo. Rehabilitado no ano 1995 estase a utilizar na actualidade coma sala municipal da arte. Agocha un bonito reloxio de sol, que reta o visitante a coñecer a que hora se atopa nese momento.
*O '''Mirador da Illa Pancha''' é o punto final da Ría de Ribadeo. A Caron dun faro vese como o mar cobra vital protagonismo, é, sen dubida, o mellor mirador para comprende-la tranquilidade e o enfurecemento das augas do mar. A súa vez esta arrodada de zonas con pequenas calas rochosas, tamén cerca dela queda a praia das Rochas Brancas. Tras a ponte de acceso a illa atopase o faro antigo, xusto o seu caron levantase o faro moderno que sinala a entrada da ría; un panel na entrada da illa da información e describe a historia do primeiro deles.
--------
Xa na Illa Pancha podemos emprende-lo retorno (dende o paseo e as rúas que fixemos antes) ata chegar a rúa Calvo Sotelo; o fondo dela tornamos cara a dereita e xa estamos na rúa de San Roque (nela podemos ver fermosos edificios burgueses con tintes na arquitectura indiana da primeiros do século XX). Pasa a capela da Virxe do Camiño (escasamente a 100 m.) temos a sinalización do Mirador de Santa Cruz. Temos que alonxarnos 2'5 Km. da vila nun suave ascenso cunha pendente media dun 5%. Chegados o Mirador de Santa Cruz cuia ruta ten unha lonxitude duns 11'5 Km completamente asfaltado e pavimentado na súa totalidade.
--------
*O '''Mirador de Santa Cruz''' situase no máis alto de Ribadeo, onde se pode aviscar imaxes da ría e o seu entorno cun protagonismo destacado da vila de Ribadeo, o Ponte dos Santos, Figueras, Castropol e demáis paisaxes da zona da Ría. Neste mirador atopase unha pequena ermida, cerca del pasa o Camiño de Santiago. Tamén hai duas cruces (unha antiga e outra máis nova) que son as que lle dan nome o mirador e xunto a elas esta erixido o monumento o Gaiteiro Galego; por detrás das cruces agochase o observatorio astronómico (A Casa da Ría). O lugar dispón de mesas, bancos, barbacoas e auga corrente para uso campestre que compensan, de algun xeito, a fatiga o ascenso a este mirador. Destacase aún máis pola festividade que se celebra o primeiro domingo de agosto; a xa coñecida Xira de Santa Cruz que, xunto coa festividade na honra dos gaiteiro (o Día da Gaita), danlle o lugar da romaria un recoñecido Interés Turístico.