Logroño: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Imxavitooh (conversa | contribucións)
Imxavitooh (conversa | contribucións)
Liña 43:
 
== Etimoloxía ==
A orixe deste topónimo é, como en moitas outras localidades, descoñecida. O nome ''Lucronio'' é nomeado por primeira vez nun documento de [[965]] polo cal [[García Sánchez I de Navarra|García Sánchez de Pamplona]] doa o lugar así denominado ao [[Mosteiro de San Millán de la Cogolla|MonasterioMosteiro de San Millán]]. No [[Foro de Logroño|foro]] de [[1095]] aparece baixo o nome de ''Logronio'', agás unha vez na que é denominado ''illo Gronio''. As teses máis aceptadas parecen indicar" que o nome é unha latinización tardía por prefixación do artigo ''lo/illo'' ao antigo topónimo ''Gronio''/''Gronno'',<ref>I. Rodríguez e R. de Lama, Colección diplomática medieval de La Rioja, vol. I, Logroño 1979, 272-293</ref> palabra de orixe celta que significa «o vao» ou «o paso». Crese que este nome era debido á frecuente utilización do lugar para atravesar o [[río Ebro]].
 
Outros historiadores propuxeron teorías alternativas, como unha posible derivación de ''Lucus Brun''/''Lucus Beronius'' ("Lugar sagrado no bosque berón").<ref>El gentilicio Beronés en el topónimo Logroño, Urbano Espinosa</ref >