Manuel Curros Enríquez: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Etiquetas: caracteres repetidos Edición visual
Desfíxose a edición 3254146 de 91.117.103.190 (conversa)
Liña 17:
==Biografía==
[[Ficheiro:CurrosAsorey.jpg|miniatura|esquerda|155px|Curros como [[bardo]] no monumento de [[Francisco Asorey|Asorey]].]]
Curros Enríquez naceu en Celanova no [[1851]], na casa número 14 da rúa de San Roque. Era fillo do escribán Xosé María de Curros Vázquez (de Santiso-Melide) e de Petra Enríquez (de [[Vilanova dos Infantes]]). A pesar de que certos biógrafos indican que seu pai era un carlista, que sometía o seu fillo a malleiras frecuentes, o certo é que as modernas investigacións determinaron que, ben polo contrario, Xosé María de Curros defendeu sempre as ideas liberais. No tocante ás relacións pai-fillo, se ben que semella que, efectivamente, foron difíciles, convén desterrar definitivamente aquela imaxe duns maltratos que non se axustan á realidade. Asistiu á escola de don Manuel Rebollo e cando estivo preparado tivo que axudarlle a seu pai como escribente. En [[1866]] marchou cara a [[Madrid]], á casa do seu irmán Ricardo, onde fixo o bacharelato e comezou a estudar [[Dereito]] aínda que non rematou.
FORZA DEPOR!!!!!!!!! CURROS LA CHUPA
 
Participa na [[Revolución de 1868]] que derroca a [[Isabel II de España|Isabel II]] o cal fai que asuma os ideais democráticos. Ingresa de escribente no Concello de Madrid e visita os círculos literarios coa intención de facer alí carreira literaria, desa época é a lenda en castelán, ''El Maestre de Santiago''. Dende [[1871]] viviu con Modesta Luisa Polonia Vázquez Rodríguez (natural de [[Pobra de Seabra]]), coa que tivo un fillo en [[1873]] e coa que casa no [[1877]] aínda que se acabrá divorciando máis tarde. En 1873 comezou a súa carreira xornalística ao ingresar na ''Gaceta de Madrid'' e ao ano seguinte entra en ''El Imparcial'', para o que cubriu, entre decembro de 1875 e febreiro de 1876, a terceira guerra carlista escribindo as ''Cartas del norte''. Sucedeulle na tarefa outro correspondente, Fauró, tras ser ferido de bala por un axudante do brigadier Mariné con quen compartía habitación segundo relata no tomo III o recompilador das súas obras completas para a Casa editorial Perlado, Páez y C.ª, Sucesores de Hernando (Madrid, 1910).
 
No [[1877]] gaña un certame poético en [[Ourense]] cos poemas ''Unha boda en Einibó'', ''O Gaiteiro de Penalta'' e "[[A Virxe do Cristal]]". Esta vitoria determinouno como poeta galego. Curros establécese en [[Ourense]] e traballa na Intervención da Administración Económica (Facenda). Colabora no xornal ''[[El Trabajo (Ourense)|El Trabajo]]''.
 
===''Aires d'a miña terra''===