126.463
edicións
m (Bot: Substitución automática de texto (-|thumb| +|miniatura| & -|thumbnail| +|miniatura|)) |
(lig ints; retiro iws) |
||
Esencialmente, o éxito de Galileo debeuse á súa capacidade para combinar as funcións de erudito e de artesán. Para iso aceptou las técnicas dos [[artesán]]s —as [[Lente (óptica)|lente]]s, o [[astrolabio]], as [[Bomba hidráulica|bomba]]s— e o razoamento lóxico-matemático desenvolvido polos [[Antiga Grecia|antigos gregos]] e a [[Escolástica (filosofía)|escolástica]] medieval. A partir de datos repetíbeis, ordenados baixo [[Principio (física)|principio]]s matemáticos, Galileo formulou a lei da caída dos corpos, as leis do movemento dos proxectís e a lei do péndulo. É dicir, que reduciu a leis os diversos feitos observados utilizando un [[razoamento indutivo]].
As formulacións de Galileo foron decisivas na revolución intelectual e científica do século XVII. Os seus traballos sobre a [[mecánica]] e a [[dinámica]], sumados aos esforzos dos [[astronomía|astrónomos]] Copérnico e [[Johannes Kepler]] foron integrados e sistematizados por Isaac Newton.
Galileo albiscou que, en gran parte, as dificultades para comprender o movemento [[planeta]]rio estaban causadas polo [[xeocentrismo|modelo xeocéntrico]], e que tales dificultades desaparecían aceptando o [[heliocentrismo|modelo heliocéntrico]] proposto por Copérnico. En relación co estudo das traxectorias planetarias, en particular a de [[Marte (planeta)|Marte]], sabíase que no [[século XVI]] non existía concordancia entre o que se podía predicir cos instrumentos de [[Claudio Ptolomeo|Ptolomeo]] e as verdadeiras traxectorias observadas no ceo. Os ptolemaicos supoñían que cada planeta xiraba ao redor dunha circunferencia ([[epiciclo]]), cuxo centro, á súa vez, describía outra circunferencia ([[deferente]]) centrada na Terra. O astrónomo danés [[Tycho Brahe]], a mediados do século XVI, demostrou que a teoría fallaba e realizou novas e máis precisas observacións planetarias. Presentáronse entón dúas opcións: admitir, como o fixera antes Copérnico e logo Galileo e Kepler, que estaba fallando a teoría xeocéntrica, ou ben que as hipóteses auxiliares acerca do número e tamaño de epiciclos e outros recursos para a explicación eran insuficientes. Os ptolemaicos adoptaran esta última postura durante moitos séculos até que Kepler puido explicar o que sucedía asignando a cada planeta unha única traxectoria elíptica ao redor do Sol. Desta maneira Kepler formulou as súas [[Leis de Kepler|leis do movemento planetario]].
==Véxase tamén==
===Outros artigos===
* [[Augusto Comte]]
* [[Filosofía da ciencia]]
* [[Francis Bacon (filósofo)|Francis Bacon]]
* [[Historia da astronomía]]
* [[John Stuart Mill]]
* [[Método científico]]
* [[Positivismo]]
* [[Renacemento do século XII]]
* [[Thomas Kuhn]]
[[Categoría:Historia da ciencia]]
|