Historia do cinema: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Jglamela (conversa | contribucións)
Jglamela (conversa | contribucións)
Liña 54:
En Francia, un grupo de críticos de cinema da revista ''[[Cahiers du Cinema]]'' pasou á dirección, rodando historias nas rúas. Foi o nacemento da [[Nouvelle Vague]], liderada por [[François Truffaut]] e [[Jean-Luc Godard]].
 
O éxito destes cineastas franceses influíu no nacemento de “novos cinemas” noutras cinematografías, destacando o [[Free Cinema]] británico e o cinema [[underground]] estadounidense, con [[John Cassavetes]] como figura principal. Tamén xurdiron movementos semellantes en cinematografías máis pequenas, como foron o [[Cinema Novo]] brasileiro ou o [[Nuevo Cine Español]], coñecido internacionalmente grazas a [[Carlos Saura]]. Ademais, tras uns anos de agonía resucitou finalmente o [[Novonovo Cinecinema alemán|cinema alemán]], con [[Rainer Werner Fassbinder]] e [[Werner Herzog]].
 
Nos Estados Unidos cambiou o clásico sistema de estudios por un poder maior para os directores, que terían o seu momento principal nos anos setenta, con [[Francis Ford Coppola]], [[Martin Scorsese]] ou [[Steven Spielberg]], que se deu en chamar o Novo Hollywood, no que xa desaparecera o código Hays.