Sexo: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
fghjk
Etiquetas: artigo novo moi curto Edición visual
Sernostri (conversa | contribucións)
Desfíxose a edición 3253469 de Holajfjfjfjfjf (conversa)
Liña 1:
{{1000}}
[[Ficheiro:Édouard-Henri Avril (29).jpg|miniatura|300px|dereita|Representación artística dun acto sexual.]]
 
A palabra '''sexo''' (do [[latín]] ''sexus'', e este, á súa vez, do verbo ''secar'', «cortar») é a diferenciación orgánica e espiritual entre o macho e a femia de calquera especie, especialmente da humana. En certos contextos pode designar ó conxunto de individuos que pertencen a un ou outro grupo. Asemade chámase sexo ás [[Relación sexual humana|relacións sexuais]] entre persoas.
 
==Historia==
O [[Xénese]], primeiro libro da [[Biblia]], comeza cun relato da creación da terra seguido da creación de [[Adán e Eva]]. Semella que a versión máis estendida, que narra a orixe de Eva nunha costela de Adán, se debe a unha mala tradución, pois a sinonimia da palabra ''zela'' leva a pensar que unha tradución máis axeitada sería "costado". De ser así o [[Antigo Testamento]] describiría a Adán como ''gineandromorfo'', masculino nun costado e feminino no outro. Nesta dualidade xenérica, que lle dá ao relato bíblico unha orientación puramente heterocéntrica, baséase a pretensión cristiá da complementación entre home e muller. Unha imaxe semellante chéganos a través do mito [[Grecia|grego]] que describe ao ser humano orixinal como un ser con catro pernas, catro brazos, dous rostros e dous sexos. Para anular o poder destes seres, [[Zeus]] cortounos polo medio, deixando a cada unha das metades buscando eternamente o que lle foi quitado. Os gregos explican a [[homosexualidade]] afirmando que as dúas metades podían ser do mesmo sexo.<ref>{{cita libro| autor =POTTS, M.; SHORT, R.| título =[http://books.google.es/books?id=lqpw23HzTZAC&printsec=frontcover&dq=sexualidad&lr=&as_drrb_is=q&as_minm_is=0&as_miny_is=&as_maxm_is=0&as_maxy_is=&num=100&as_brr=3&ei=S13sS6qYOZiUlAT6q6XqAw&client=firefox-a&cd=23#v=onepage&q&f=false Historia de la sexualidad: Desde Adán y Eva]| ano =2002| publicación =Ediciones AKAL| id = ISBN 8483232057, 9788483232057}}</ref>
 
Os pensadores gregos, especialmente [[Xenofonte de Atenas|Xenofonte]], [[Platón]] e [[Aristóteles]], enunciaron a moral sexual do momento artellándoa sobre catro conceptos:
 
* '''''Aphrodisia'''''. Son os actos de [[Afrodita]], que buscan certa forma de pracer no obxecto de desexo.
* '''''Chresis'''''. É o principio que modera e limita a actividade pracenteira.
* '''''Enkrateia'''''. É o dominio que define a actitude necesaria ante un mesmo para constituírse en suxeito moral.
* '''''Sophrosyne'''''. É a caracterización do suxeito moral na súa realización.
 
Os gregos desta época admitían certos comportamentos sexuais con moita máis facilidade que en épocas posteriores, do mesmo xeito que as faltas en materia sexual suscitaban menos escándalo e provocaban menos desgustos, tanto máis que a inexistencia de institucións pastorais e [[Medicina|médicas]] se atrevía a determinar o que era normal ou anormal, o que se debía permitir ou prohibir<ref>{{cita libro| autor =FOUCAULT, M.| título =[http://books.google.es/books?id=13oKS8OAZncC&printsec=frontcover&dq=sexualidad&lr=&as_drrb_is=q&as_minm_is=0&as_miny_is=&as_maxm_is=0&as_maxy_is=&num=100&as_brr=3&ei=S13sS6qYOZiUlAT6q6XqAw&client=firefox-a&cd=2#v=onepage&q&f=false Historia de la sexualidad, 2, El uso de los placeres]| ano =2002| publicación =Siglo XXI| id = ISBN 9682313260, 9789682313264}}</ref>.
 
Na actualidade os sistemas xurídicos occidentais adoitan recoñecer cinco clases de sexo diferentes que caracterizan ao individuo<ref>CHAO REGO, X. ''A condición homosexual''. Galaxia. Vigo, 1999. ISBN 8482882686.</ref>:
 
* Sexo '''legal''': o que figura inscrito no rexistro logo do nacemento.
* Sexo '''cromosómico''': o indicado polos [[cromosoma]]s.
* Sexo '''hormonal''': o indicado polo estado [[hormona]]l do organismo.
* Sexo '''fisiolóxico''': o evidenciado pola presenza de órganos xenitais e caracteres sexuais secundarios.
* Sexo '''psicosocial''': aquel polo que unha persoa é considerada no seu ámbito de relación e co que ela mesma se identifica.
 
Nos individuos [[Transexualidade|transexuais]] non hai correspondencia entre o sexo psicosocial e os outros tipos de sexo. Os individuos con diferentes graos de [[hermafroditismo]] a correspondencia entre o sexo fisiolóxico e os demais é difícil de avaliar, pois o seu corpo, e en especial os órganos xenitais, non reúnen as características morfolóxicas que son habituais, ou ben contan ao mesmo tempo con xenitais masculinos e femininos máis ou menos definidos.
 
== Xénero ==
[[Ficheiro:Male and female pheasant.jpg|miniatura|Moitas especias animais presentan un acusado dimorfismo sexual como é o caso do [[faisán común]]]]
 
{{Artigo principal|Xénero (bioloxía)}}
 
Os individuos da maioría das [[especies]] poden clasificarse en dous grupos diferenciados polo seu sexo ou xénero. Polo xeral, existen dous sexos: [[macho]] e [[femia]] (no caso da especie humana utilízanse preferentemente os termos ''[[home]]'' e ''[[muller]]''). Esta distinción é un acto cultural que habitualmente está en correspondencia coa posesión duns [[Órgano sexual|órganos sexuais]] propios de cada sexo.
 
O dimorfismo sexual é unha característica da especie que permite, por medio da [[cópula]], a procreación da especie. A cópula ou [[coito]] é un acto de reprodución que consiste na introdución do órgano reprodutor masculino -o [[pene]]- no [[sistema reprodutor feminino]] -a [[vaxina]]- de forma que os [[gameto]]s masculinos poidan chegar ao gameto feminino e producirse a fecundación. Non todas as especies con reprodución sexual a levan a cabo mediante a cópula.
 
As especies que presentan diferenciación sexual chámanse especies [[dioicas]], as que non a teñen denomínanse especies [[monoicas]].
 
== Sexualidade ==
{{Artigo principal|Sexualidade humana}}
 
A palabra ''sexo'' refírese tamén á [[sexualidade]] en xeral.
 
== Acto sexual ==
{{Artigo principal|Acto sexual}}
 
Chámanse actos sexuais a aqueles relacionados coa actividade ou o [[pracer]] sexual acompañado dalgúns [[xogo sexual|xogos sexuais]] ou facendo posible algunha [[fantasía (sexual)|fantasía]].
 
== Órgano sexual ==
A palabra ''sexo'' tamén se utiliza para facer referencia ao [[órgano sexual]], [[masculino]] ou [[feminino]].
 
Existe unha gran cantidade de nomes para referirse aos órganos xenitais humanos. Por [[pudor]] de utilizar termos demasiado explícitos, obxecto dun certo [[tabú]] social, utilízanse [[perífrase]]s ou termos propios de certos [[rexistro lingüístico|rexistros lingüísticos]].
 
==Notas==
{{referencias}}
 
== Véxase tamén ==
=== Outras páxinas ===
* [[Teoría da evolución]]
* [[ISO 5218]]
 
=== Ligazóns externas ===
* [http://www.querote.org/dicionario Dicionario de termos sexuais].
* [http://mais.vieiros.com/letras2002/vocabulario.html Vocabulario sexual galego]
 
{{Sexo}}
[[Categoría:Sexualidade]]
[[Categoría:Artigos que toda Wikipedia debería ter (Ciencia)]]