Abrir o menú principal

Cambios

m
sen resumo de edición
 
==Traxectoria==
Comezou a súa actividade teatral no grupo [[Ditea]] en [[1961]], baixo a dirección de [[Agustín Magán]], e fundou o grupo de teatro ''Obradoiro''. Tamén foi animador do equipo de cine ''Reina Lupa'' ([[1972]]), co que realizou variosvarias curtoscurtametraxes e documentais (''Cuatro por Cuatro'', ''Mesturanza'', ''Holocausto'',...).
 
En [[1973]] gañou con ''Zardigot'' o Premio Abrente de teatro, e en [[1975]] volveu a conseguir o mesmo galardón con ''O Cabodano''. De [[1973]] é a súa obra de teatro infantil ''O roubo do aparello'', coa que gañou a primeira edición do Concurso de Teatro Infantil O Facho. En 1975 publicou a farsa ''A sonada e proveitosa enchenta do marqués Ruchestinto no derradeiro século da súa vida''. En [[1976]] publica as obras ''O cabodano'', ''Cousas da morte'' e ''A sombra do bon cabaleiro'' nun único volume. Mais entre [[1977]] e [[1987]], por causas descoñecidas, deixou de crear novas pezas. Voltaría a facelo en [[1988]], mais só teatro infantil ata [[1989]], data en que publica ''Azos de esguello'' (peza coa que gañou o Premio Álvaro Cunqueiro). De [[1990]] data a súa obra ''Unha macana de dote''. En [[2003]] publicou o ensaio ''Xogo de máscaras. Escritos sobre teatro galego''