Diferenzas entre revisións de «Parlamento Vasco»

sen resumo de edición
[[Ficheiro:Parlamento vasco 1.jpg|miniatura|300px|dereita|Vista exterior da sede do Parlamento Vasco en [[Vitoria - Gasteiz]].]]
O '''Parlamento Vasco''' ('''Eusko Legebiltzarra''', en [[éuscaro]]) exerce a potestade lexislativa, aproba os orzamentos do [[País Vasco]] e impulsa e controla a acción do [[Goberno Vasco]]. Representa, así mesmo, aos cidadáns vascos. A súa sede atópase na capital da [[Comunidade Autónoma Vasca]], [[Vitoria]].
 
==Historia==
Na constitución do Parlamento Vasco tralas eleccións de [[2005]], foi elixida presidenta a deputada [[Izaskun Bilbao]], do [[PNV|Partido Nacionalista Vasco]]. O seu primeiro presidente foi [[Juan José Pujana]] (PNV, afiliado en [[Eusko Alkartasuna|EA]] desde 1986), ao que sucederon [[Jesús Eguiguren]] ([[PSE-EE]]), [[Joseba Andoni Leizaola]] ([[PNV]]) e [[Juan María Atutxa]] (PNV).
 
O Parlamento Vasco está composto por setenta e cinco deputados que representan aos cidadáns dos tres territorios históricos que forman a Comunidade Autónoma do País Vasco. [[ÁlavaÁraba]], [[Guipúscoa]] e [[Biscaia]] achegan ao Parlamento o mesmo número de deputados cada unha, aínda que a súa demografía é moi diferente. Todas as sesións que se celebran no Parlamento Vasco desenvólvense en calquera dos dous idiomas oficiais da CAV, o [[lingua éuscara|éuscaro]] e o [[lingua castelá|castelán]]. O Pleno presídeo unha escultura en madeira de carballo feita para a ocasión polo escultor de [[Bermeo]] [[Néstor Basterretxea]] e reflicte nas súas ramas os [[Euskal Herria|sete territorios vascos]]. No centro da escultura incrustouse un anaco da vella árbore foral, depositario da tradición foral vasca.
 
Estaba estipulado no [[Estatuto de Autonomí­a do País Vasco de 1936|Estatuto de 1936]] a creación dun Parlamento Vasco, pero a propia dinámica da Guerra Civil, e o escaso tempo de vixencia sobre chan vasco do mesmo (9 meses), imposibilitaron a súa posta en práctica.
;1986. III Lexislatura
 
Prodúcese unha escisión no [[Partido Nacionalista Vasco]] da que nace [[Eusko Alkartasuna]]. Debido a esta división, o [[Partido Socialista de Euskadi]] gañaría as eleccións en número de escanos (grazas á súa vitoria en [[Guipúscoa]] e [[ÁlavaÁraba]]), pero o PNV se imporía en número de votos totais (271.208 fronte a 252.233).
 
* [[Partido Socialista de Euskadi]] (PSE): 19 escanos (22,05%)
;1990. IV Lexislatura
 
Primeiras eleccións autonómicas trala refundación de [[Alianza Popular (España)|Alianza Popular]] no [[Partido Popular]]. A refundación supón un cambio de estratexia política que supón a aceptación do ''statu quo'' autonómico e da pertenza de ÁlavaÁraba ao País Vasco, para recuperar electorado nas outras dúas provincias (en 1986 os dous únicos parlamentarios de AP foron por ÁlavaÁraba). Porén, isto provoca que [[Unidad Alavesa]] se escinda do PP e pase a defender a separación de ÁlavaÁraba da [[Comunidade Autónoma do País Vasco]]. Será un movemento que colla forza ao comezo e que acabou reintegrándose no PP en 2005, tras non acadar os seus obxectivos.
 
* [[Partido Nacionalista Vasco]] (EAJ-PNV): 22 escanos (28,49%)
70.771

edicións