Diferenzas entre revisións de «Morgana en Esmelle»

m
(novo artigo desde a lectura do libro)
 
'''''Morgana en Esmelle''''' é unha [[novela]] en [[lingua galega]] escrita por [[Begoña Caamaño]] e publicada por [[Editorial Galaxia]] en [[2012]]. Gañou o [[Premio Ánxel Casal]] da [[Asociación Galega de Editores]] ao mellor libro de ficción, o Premio da [[AELG]] á mellor obra de narrativa, o [[Premio da Crítica de narrativa galega]] e mais o [[Premio Antón Losada Diéguez]] de creación literaria no 2013.
 
== Trama ==
{{spoiler}}
 
[[Ficheiro:Beguiling of Merlin.jpg|miniatura|esquerda|200px|''A sedición de Merlín'', cadro de [[Edward Burne-Jones]] usado na capa do libro, 1864 (Birmingham Art Gallery).]]
 
{{spoiler}}
 
No castelo de Tintaxel vive o rei Garlois, a súa muller Igraine e mais [[Morgana]], a filla de ambos. Nunha batalla Garlois resulta malferido, e o mago [[Merlín]] logra que Uther de Pendragón, o nobre que derrotara a Garlois, adopte a aparencia deste e deixe preñada a Igraine. Froito da relación nace [[Rei Artur|Artur]]. Anos despois, Merlín fai que Artur case con [[Xenebra (raíña)|Xenebra]], co propósito de convertelo en caudillo dos [[celtas]] en [[Britania]] e acadar a [[Cristianismo|cristianización]] do seu pobo.
128.298

edicións