Morgana en Esmelle: Diferenzas entre revisións

obra literaria de Begoña Caamaño
Contido eliminado Contido engadido
novo artigo desde a lectura do libro
(Sen diferenzas.)

Revisión como estaba o 27 de abril de 2014 ás 17:36

Morgana en Esmelle é unha novela en lingua galega escrita por Begoña Caamaño e publicada por Editorial Galaxia en 2012. Gañou o Premio Ánxel Casal da Asociación Galega de Editores ao mellor libro de ficción, o Premio da AELG á mellor obra de narrativa, o Premio da Crítica de narrativa galega e mais o Premio Antón Losada Diéguez de creación literaria no 2013.

Morgana en Esmelle
Autor/aBegoña Caamaño
CubertaEdward Burne-Jones
OrixeGaliza
Linguagalego
ColecciónNarrativa (nº 308)
Tema(s)Materia de Bretaña
Xénero(s)Novela
EditorialEditorial Galaxia
Data de pub.2012
FormatoRústica con lapelas
Páxinas220
ISBN978-84-9865-412-7
editar datos en Wikidata ]

Trama

 
A sedición de Merlín, cadro de Edward Burne-Jones usado na capa do libro, 1864 (Birmingham Art Gallery).

No castelo de Tintaxel vive o rei Garlois, a súa muller Igraine e mais Morgana, a filla de ambos. Nunha batalla Garlois resulta malferido, e o mago Merlín logra que Uther de Pendragón, o nobre que derrotara a Garlois, adopte a aparencia deste e deixe preñada a Igraine. Froito da relación nace Artur. Anos despois, Merlín fai que Artur case con Xenebra, co propósito de convertelo en caudillo dos celtas en Britania e acadar a cristianización do seu pobo.

Pola súa banda, Morgana marcha coa súa tía Viviana á illa de Ávalon, a formarse e desenvolver a súa sabedoría, regresando a Miranda para a voda do seu irmán. Mais malia os propósitos de Merlín, o amor entre Artur e Xenebra non é tal, e posto que Xenebra está namorada de Lancelot e Artur da súa irmá.

Narración

A novela, escrita en terceira persoa, alterna varios narradores: Felipe de Amancia, Merlín, a propia Morgana e as Crónicas de Ávalon. Os dous primeiros amosan unha visión persoal deses personaxes, e os textos tomados das Crónicas pretenden dar unha visión máis obxectiva.

A trama entronca coa Materia de Bretaña e co mundo fabuloso descrito por Álvaro Cunqueiro na terra de Miranda.

Véxase tamén

Ligazóns externas

  • Ficha na web de Editorial Galaxia.