Ácido mirístico: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Addbot (conversa | contribucións)
m Bot: Retiro 21 ligazóns interlingüísticas, proporcionadas agora polo Wikidata en d:q422658
Miguelferig (conversa | contribucións)
Sen resumo de edición
Liña 5:
O ácido mirístico recibe o seu nome do nome científico da [[noz moscada]] (''Myristica fragrans''). A manteiga de noz moscada é nun 75% [[trimiristina]], o [[triglicérido]] formado por glicerina e tres ácidos mirísticos. Ademais de na noz moscada, o ácido mirístico atópase no [[aceite de sementes de palma]], [[aceite de coco]], [[manteiga]] (do leite) e é un compoñente menor de moitas outras graxas. <ref name="lexicon" /> Tamén se encontra no [[espermaceti]], a fracción cristalizada do aceite de [[esperma de balea]].
 
Na célula o ácido mirístico con frecuencia engádese cotraducionalmente á penúltima [[glicina]] do extremo [[N-terminal]] de [[quinase]]s asociadas a receptores para conferirlle ao encima "localización de membrana" (o encima queda asociado á membrana). Esta adición denomínase [[miristoilación]]<ref>Mary K. Campbell,Mary K. Campbell Shawn O. Farrell. Bioquímica. Google books. [http://books.google.es/books?id=GXKf6ibU5gUC&pg=PA205&lpg=PA205&dq=miristoilaci%C3%B3n&source=bl&ots=BKkVcNKPtU&sig=6sgquqM0w9UQ618MJzDW-xBCJGk&hl=es&sa=X&ei=XiWlUJTDIsfZ0QX-qIDIDA&sqi=2&ved=0CFYQ6AEwCg#v=onepage&q=miristoilaci%C3%B3n&f=false]</ref> <ref>[http://www.eez.csic.es/?q=es/node/5291 N-miristoilación (Myr) y modificaciones N-terminal de proteínas de Arabidopsis thaliana] Dr. José Ángel Traverso. Institut des Sciences du Végétal, Gif-sur-Yvette, Francia</ref>. O ácido mirístico ten unha [[hidrofóbico|hidrofobicidade]] dabondo alta como para ser incorporado á zona de ácidos graxos dos [[fosfolípido]]s da [[bicapa lipídica]] das membranas da célula eucariótica. Deste modo o ácido mirístico actúa como [[proteína ancorada a lípido|lípido áncora]] nas biomembranas.
 
É un compoñente de xabóns e cosméticos. O éster [[isopropil miristato]] utilízase en [[cosmética]] e preparacións medicinais tópicas cando se procura unha boa absorción a través da pel.