Oslo: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
marcador, un artigo dunha capital europea non pode ser tan breve
Breogan2008 (conversa | contribucións)
corrixo erro
Liña 37:
O significado do nome de Oslo foi obxecto de numerosos debates. Oslo deriva do [[nórdico antigo]], sendo, con toda probabilidade, o nome dunha vasta granxa no lugar dos primeiros asentamientos en ''Bjørvika''.
 
Durante a [[Idade Media]] o nome, ao principio, foi deletreado 'Ásló', para máis tarde obter 'Ósló'. A ortografía máis temperá suxire que o primeiro compoñente 'ás' refírese a calquera das cristas ''Ekeberg'', ao sueste da cidade ('ås' no noruegués moderno), ou ao homónimo nórdico que quere dicir 'o deus' ou 'a divinidadedivindade'. As interpretacións máis probables polo tanto serían 'a pradería baixo a crista' ou 'a pradería dos deuses'. Ambos son igualmente plausibles.
[[Ficheiro:View from siloen.jpg|250px|miniatura|Vista do casco antigo de Oslo]]
Un incendio en [[1624]] destruíu gran parte da cidade medieval (a sección agora coñecida como Gamlebyen) e a cidade foi reubicada preto da [[Fortaleza de Akershus]]. O [[Christian IV de Dinamarca|Rei Christian IV de Dinamarca e Noruega]] renomeou a rebautizada cidade como '''Christiania''' (ou ''Cristianía'', en [[lingua galega|galego]]). Dende finais de [[1800]], o nome da cidade apareceu escrito tamén como "Kristiania". Non se aprobou oficialmente ningunha delas, polo que ambas as dúas eran válidas e aceptábanse os seus usos. O nome orixinal de Oslo foi restaurado por unha lei do [[11 de xullo]] de [[1924]], sendo efectiva a partir do [[1 de xaneiro]] de [[1925]].