Xosé Sesto: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Xas (conversa | contribucións)
m data defunción
Xas (conversa | contribucións)
m lig int
Liña 2:
 
==Traxectoria==
Militante do [[Partido Galeguista (histórico)|Partido Galeguista]]. Publicou debuxos en ''Acción'' onde tamén asinou contos co pseudónimo de A. Turuxo. Despois participou na fundación das revistas ''[[Spes]]'' e ''[[Cristal (revista)|Cristal]]''. Viviu con [[Alexandre Bóveda]] as súas últimas horas. Montou un obradoiro de restauración.
 
Chegou a [[Venezuela]] en [[1955]], traído polo seu irmán Manuel. Dedicouse á docencia na Escola de Artes Plásticas Cristóbal Rojas. Ese ano realizou a súa primeira exposición no Ateneo de Caracas. En [[1957]] dictou un curso sobre cultura bibliográfica e artes do libro na Radio Caracas Televisión. En [[1958]] fundou o seu obradoiro de encadernación Finisterre. Recibiu a cátedra de Artes do libro e encadernación artística na Escola de Artes Plásticas Cristóbal Rojas. Foi restaurador e director do laboratorio de restauración do Departamento de Patrimonio Histórico e Artístico da Alcaldía de Caracas. Nos últimos anos da súa vida realizou dous murais na capela do [[Museo Arqueolóxico e Histórico Castelo de San Antón]].