Eduardo Barreiros: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Beninho (conversa | contribucións)
Imxavitooh (conversa | contribucións)
Liña 5:
O seu pai, que fora emigrante a [[Gran Canaria]], tiña unha empresa de coches de liña que cubría o percorrido entre [[Ourense]], [[Luíntra, Nogueira de Ramuín, Nogueira de Ramuín|Luíntra]] e [[Os Peares]]. Alí comezou a traballar realizando adaptacións mecánicas, fundamentalmente nos [[Motor (máquina)|motor]]es. Fai a [[guerra civil|guerra]] no bando nacional, primeiro como soldado no [[terzo Abárzuza]] e logo como chofer de camións de feridos. Ao remate do conflito segue vencellado ao mundo do motor, e comeza a mercar autobuses, camións, e pezas, que el vai axustando á carrocería.
 
En [[1945]] vende a liña de autobuses e funda a construtora BECOSA (Barreiros Empresa Constructora, S.A.), unha empresa de obras públicas para a que desenvolve maquinaria e aplicacións de construción propia. A construtora, grazas ás melloras tecnolóxicas, axiña prospera e consegue contratos en Galicia e en [[CastellónCastelló]].
 
En [[1949]] comezou a converter [[motor de gasolina|motores de gasolina]] en [[motor diésel|diésel]], ao principio para o propio consumo nas súas empresas e despois, a partir de [[1951]], como liña de negocio fundamental, para o que se establece en [[Madrid]]. En [[1954]] fundou a empresa Barreiros Diésel cun capital de 10.000.000 de [[peseta]]s, e onde fabricou o motor [[EB-6]] de tecnoloxía propia e posteriormente tamén camións completos. Despois pasará a desenvolver novos motores [[EB-4]] para turismos e taxis, así como material complementario eléctrico ([[bomba de inxección|bombas de inxección]] a través da empresa CABSA, [[dinamo]]s e arrinques a través de CEESA, etc.). Estaba en condicións de dedicarse de cheo á produción de [[automóbil]]es completos, e funda MOSA, cun capital de 5.000.000 para a comercialización dos vehículos e das pezas.