Didio Xuliano: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
m *voltar -> volver
Elisardojm (conversa | contribucións)
Rávena
Liña 11:
Despois do éxito da conspiración contra de [[Pertinax]], Didio Xuliano acercouse aos pretorianos para lles prometer cartos a cambio da subida ao poder. Flavio Sulpiciano, prefecto da cidade de [[Roma]] tamén entrou na poxa, polo que o imperio se estaba a vender ao mellor postor.
 
Didio Xuliano gañou ao ofrecer 25.000 [[sestercio]]s para cada [[pretoriano]]. Foi confirmado polo [[Senado romano|Senado]] como emperador, pero odiado polo pobo que o consideraba culpábel de participar no asasinato de Pertinax, e non lle ofreceu ningunha honra fúnebre por medo ás reaccións de Roma. E pronto houbo sublevacións en Roma e outras cidades, polo que as lexións de Pannonia (actual Hungría) nomearon a Septimio Severo como emperador. O Senado declarou a Septimio Severo como inimigo público, pero este encontrábase preto de [[Italia]], e puxo o seu exército cara a Roma, onde se presentaba como o vingador de Pertinax. Pronto tomou Ravenna[[Rávena]] e a flota alí fondeada. Didio Xuliano enviou embaixadores para chegar a un acordo, e mesmo conseguiu que o Senado nomeara a Septimio Severo como emperador a carón del, pero este non aceptou.
 
A autoridade de Didio Xuliano ía rapidamente deteriorándose. Os pretorianos ao mando de Tulio Crispino foron derrotados, armou os gladiadores de [[Capua]], e intentouno con magos para paralizar as armas do inimigo, pero só conseguiu que o Senado o condenase a morte e nomease como único emperador a Septimio Severo.