Diferenzas entre revisións de «Mauricio, emperador»

Rávena
m (engado a Categoría:Nados en 539 mediante HotCat)
(Rávena)
Pouco logo da súa subida ao trono, interveu na guerra de sucesión que enfrontaba aos membros da [[dinastía sasánida]] en [[Persia]]. O rei [[Hormisdas]] foi deposto e asasinado nun golpe de estado en [[590]], e o seu fillo, o futuro [[Cosroes II]] refuxiouse en territorio bizantino. Mauricio prestoulle axuda militar para recuperar o trono, o que logrou ao ano seguinte. A cambio da axuda bizantina, Persia cedeu ao imperio a [[Armenia]] persa e a [[Mesopotamia]] oriental, ademais de asinar un tratado de paz que se mantería durante todo o goberno de Mauricio.
 
Con todo, os [[pobos eslavos|eslavos]] e os [[ávaro]]s devastaron durante o seu reinado a rexión dos Balcáns, atacaron [[Tesalónica]] (en 584 e 586), e chegaron nas súas incursións ata o [[Peloponeso]]. Mauricio dirixiu contra eles varias campañas, que tiveron éxito, pero deixaron exhaustos os recursos do Imperio. No oeste, organizou os exarcados de [[exarcado de RavennaRávena|RavennaRávena]] e de [[exarcado de Cartago|Cartago]] para a mellor defensa dos dominios bizantinos en Italia e no norte de África. A importancia que concedía aos territorios de Occidente faise evidente no testamento que redactou en 597, ao sentirse gravemente doente, no que legaba o goberno de Constantinopla ao seu primoxénito, Teodosio, en tanto que Tiberio, o seu segundo fillo, recibía o dominio de Italia e as illas occidentais, con sé en [[Roma]].
 
Durante o reinado de Mauricio, o Imperio debeu soster guerras case interminábeis en todas as fronteiras. A escaseza de fondos ocasionou varios levantamentos militares: xa en 588 tivo lugar unha rebelión en Oriente por mor da redución das racións militares, e en 599 12.000 soldados bizantinos prisioneiros foron executados polos [[ávaro]]s ao negarse o emperador a pagar un rescate. En 602, cando ordenou que o exército dos [[Balcáns]] pasase o inverno alén do [[Danubio]], produciuse unha rebelión que terminou co reinado de Mauricio. Os soldados amotinados avanzaron cara a [[Constantinopla]] baixo o mando dun dos seus [[centurión]]s, [[Focas, emperador|Focas]]. Mauricio creu que varios dos membros da súa familia o traizoaran, e ordenou deter ao seu fillo, Teodosio, e ao seu sogro, Xermano. Teodosio foi azoutado publicamente, e Xermano refuxiouse en [[Santa Sofía]]. Entón producíronse revoltas na cidade, e Mauricio, xunto coa súa esposa e os seus oito fillos, cruzou o [[Mar de Mármara]] e refuxiouse en [[Nicomedia]]. O seu fillo Teodosio fuxiu a Persia, ou, polo menos, un personaxe que pretendía ser Teodosio refuxiouse na corte de Cosroes II, quen aproveitaría posteriormente a situación para declarar a guerra ao Imperio Bizantino. Cando as tropas de Focas entraron na capital, enviouse de inmediato unha forza en busca de Mauricio, e tanto el como os seus catro fillos menores foron sumariamente executados e decapitados.
94.986

edicións