Gregorio I, papa: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Elisardojm (conversa | contribucións)
Rávena
Liña 3:
O '''Papa Gregorio I''', '''San Gregorio Magno''', nado arredor do ano [[540]] en [[Roma]] e finado o [[12 de marzo]] de [[604]]. De sobrenome ''Magno'' ou ''Grande'', foi o 64º papa da Igrexa católica, e un dos catro Padres da Igrexa latina (xunto con san [[Xerome de Estridón]], santo [[Agostiño de Hipona]] e santo [[Ambrosio de Milán]]). Proclamado Doutor da Igrexa o 20 de setembro de 1295 por [[Bonifacio VIII]], foi tamén o primeiro frade en chegar ao pontificado, e probablemente a figura definitoria da posición medieval do papado como poder separado do Imperio romano. Home profundamente místico, con el a Igrexa de Roma adquiriu gran prestigio en todo [[Occidente]]; tras el, os papas intituláronse, segundo o seu exemplo, «servo dos servos de Deus» (''servus servorum Dei'').
 
Dunha familia patricia romana, chegou a ser prefecto da cidade, pero renunciou á súa carreira política e aos seus bens para facerse monxe. A súa sona fíxoo secretario de [[Paio II, papa|Paio II]], e máis tarde foi elixido Papa contra a súa vontade. Nese momento, Roma estaba abandonada á súa sorte a mercé das invasións bárbaras e marxinada polo [[exarcado de RavennaRávena]], dependente de [[Constantinopla]].
 
== Político ==