Venecia: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Breogan2008 (conversa | contribucións)
Sen resumo de edición
Elisardojm (conversa | contribucións)
Rávena
Liña 50:
Comezando en [[166]]-[[168]], os [[Quadi|cuados]] e os [[marcomanos]] destruíron a actual Oderzo (vila preto de Venecia). As defensas romanas foron derrubadas no inicio do [[século V]] polos [[visigodos]] e, preto de cincuenta anos despois, polos [[hunos]] liderados por [[Atila]]. De máis longa duración foi a invasión dos [[longobardos]] en [[568]]. Ao leste, o [[Imperio Bizantino]] estaba estabelecendo dominios na rexión do actual [[Véneto]] e as principais entidades administrativas e relixiosas do imperio na Península Itálica foron trasladadas para este. Foron construídos novos portos, incluíndo Malamocco e Torcello na lagoa de Venecia.
 
O dominio bizantino na Italia Central e Setentrional foi eliminado posteriormente en gran medida pola conquista do [[Exarcado de RavennaRávena]] en [[715]] por [[Aistolfo]]. Durante este período, a sede local do goberno bizantino (a residencia do "duque/doux", despois chamado [[Doge de Venecia|doge]]), foi situada en Malamocco. En [[775]]-[[776]], a sede do bispado de Olivolo (Helipolis) foi creada. Durante o reinado do doge [[Agnello Participazio]] ([[811]]-[[827]]), a sede ducal foi movida de Malomocco para a illa protexida de [[Ponte de Rialto|Rialto]] (de "rivoalto", isto é, costa alta).
 
=== Os doges ===