Gausos: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Servando2 (conversa | contribucións)
m engado a Categoría:Longobardos mediante HotCat
Elisardojm (conversa | contribucións)
Rávena
Liña 5:
Identificados por algúns, sen confirmación histórica, cunha liñaxe dos [[godos]], os gausos foron unha estirpe proveniente do pobo dos longobardos. A súa ascensión ao trono sae dunha usurpación: a perpetrada en [[547]] por [[Audoíno]] en contra da liñaxe lexítima, a dos [[letingos]]. O cambio non tivo lugar por medio dun rexicidio (semella que o derradeiro dos letingos, [[Valtari]], morreu aínda novo por causas naturais), senón por unha especie de traspaso de poderes cara a aquel que no ascenso ao trono de Valtari, menor de idade, exercitara a rexencia.
 
A subida ao trono de Audoíno lesionou os dereitos doutros letingos, aínda vivos, pero non impediu ao novo soberano impoñer unha nova dinastía. Coa morte do fillo e sucesor de Audoíno, [[Alboíno]], no [[572]], a dinastía extinguiuse, xa que Alboíno non tiña herdeiros varóns (perdeuse a pista dunha filla súa que levaron prisioneira primeiro a [[RavennaRávena]] e despois a [[Constantinopla]], [[Alpsuínda]]). Como sucesor escolleron a [[Cleph]] da estirpe dos beleos.
 
Os dous soberanos gausos foron: