Estados Pontificios: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Elisardojm (conversa | contribucións)
*Algeciras>Alxeciras
Elisardojm (conversa | contribucións)
Rávena
Liña 94:
O rei franco realizou dúas incursións en Italia, forzou aos longobardos a abandonaren o asedio de Roma e obrigounos a devolver as súas conquistas. Finalizado o conflito, os territorios situados na [[Romaña]] e as [[Marcas]] non foron restituídos ao control de [[Bizancio]], senón que foron conferidos ao papa - ''[[doazón de Pipino]]'', no ano [[756]] -, como lexitimo representante do poder imperial. Este tratado destrúe aos longobardos, e pola súa vez permitiu a constitución do Estado Pontificio independente de todo poder temporal e base do futuro poder da [[Igrexa Romana]].
 
Pero os Estados da Igrexa non se orixinan ata o pontificado de Estevo III, sobre 752. A titoría do [[Imperio Bizantino]] sobre Roma e a súa sede pontificia estaba declinando desde principios do [[século VIII]]. O distanciamento respecto ao [[imperio de Oriente]] fíxose cada vez máis patente e profundo con visos de auténtica ruptura, como cando o papa [[Constantino, papa|Constantino]], enfrontándose ao emperador [[Filípico|Filípico Bardanes]], ao que acusou de [[herexe]], chegou a dirixir as súas armas contra o [[Títulos e cargos do Imperio Bizantino|exarca]] bizantino. Naquel clima de tensión, sendo de temer a ofensiva do [[longobardo]] [[Aistolfo]] contra Roma tras terse apoderado este de [[RavennaRávena]], o papa Estevo acode, en demanda de socorro, aos [[francos]]. O seu rei, [[Pipino o Breve]], préstallo mediante o [[Tratado de Quierzy]]. A intervención dos francos calmou a Astolfo, quen aceptou traspasar RavennaRávena á «República Romana». Pero retirados aqueles, o rei longobardo incumpriu o seu compromiso e, por riba, puxo sitio a Roma. Nova chamada do papa ao recente protector franco e nova acción deste no seu auxilio. Sometidos, por fin, os longobardos coa intervención de Pipino, este fixo entrega ao papa do antigo [[exarcado de RavennaRávena]] (RavennaRávena, [[Ferrara]], [[Boloña]], ...), da [[Pentápole]] (bispados de [[Rímini]], [[Pesaro]], Fano, Senigallia e [[Ancona]]) e da rexión de Roma, conferindo ao sumo pontífice o dominio temporal dun estado que, con algunhas variacións xeográficas, había de perdurar durante máis de once séculos, ata [[1870]]. Non obstante, nun intento de extraer maior proveito político, Estevo III exhibiu un apócrifo documento convenientemente falsificado pola propia [[Curia]] romana, e supostamente achado tres anos antes, que deu logo en chamarse ''«[[Doazón de Constantino]]»''. Segundo este simulado protocolo (de cuxa falsidade hoxe non existe ningunha dúbida, pois xa quedou demostrada no [[século XV]]), [[Constantino I o Grande]] cedería ao papa [[Silvestre I, papa|Silvestre I]], para si e os seus sucesores, non xa o palacio de [[San Xoán de Latrán|Latrán]], o que en efecto fixo, senón a posesión de toda [[Italia]] e a dignidade imperial. Pipino non caeu na trampa da ambición papal.
 
Sen embargo, o perigo longobardo non quedara definitivamente conxurado polas accións militares de Pipino o Breve. O rei [[Desiderio]] invadiu os Estados Pontificios e aínda a mesma Roma. [[Hadrián I, papa|Hadrián I]], papa á sazón ([[774]]), invocou de novo neste transo aos francos para que lle dispensasen a súa protección, e, como anos atrás fixera o seu pai, acudiu agora [[Carlomagno]] en axuda da [[Santa Sé]]. O resultado foi a restitución dos bens da Igrexa e a promesa, non cumprida, de anexión doutros territorios. En todo caso, a maior parte da Italia central quedou constituída nun estado independente baixo o goberno dos papas. En agradecemento, o papa coroou a Carlomagno como [[Imperio Carolinxio|emperador de Occidente]] no ano [[800]].
Liña 110:
Os Estados Pontificios volveron a pasar por un difícil transo durante o imperio de [[Frederico II]] ([[1215]]-[[1251]]). Dono do reino das [[Dúas Sicilias]] e incorporadas ao imperio [[Lombardía]] e Toscana trala derrota da [[liga lombarda]] en [[1239]], Frederico propúxose anexionar igualmente o [[patrimonio de San Pedro]] para acaparar o dominio de toda Italia. Marchou sobre Roma, de onde se viu obrigado a fuxir o papa [[Gregorio IX, papa|Gregorio IX]], paseouse desafiante e sen oposición por toda Italia, nomeou gobernador do territorio peninsular ao seu fillo Enzio e el mesmo se erixiu en señor dos Estados Pontificios. O ano [[1253]], dous despois da morte do emperador, o papa [[Inocencio IV, papa|Inocencio IV]] puido regresar a Roma desde o seu exilio francés e retomar o goberno da cidade e do resto dos dominios eclesiásticos.
 
Os Estados Pontificios non podían subtraerse aos acontecementos que se estaban producindo na convulsa Italia de mediados do [[século XIV]]. Sen contar coa desvinculación dalgúns feudos tradicionais da corte romana, como Sicilia, en poder agora da [[Coroa de Aragón]], ou o [[reino de Nápoles]], baixo a autoridade da [[casa de Anjou]], o propio estado pontificio estaba en descomposición. Así o poñían de manifesto casos como o de [[Giovanni di Vico]], que se erixira en señor de [[Viterbo]] tras facerse cunha extensa zona territorial pertencente á papa; ou o da insubmisión en que se atopaba o [[ducado de Spoleto]]; ou o da fáctica independencia do marquesado de Ancona; ou o da privatización de [[Fermo]] levada a termo por [[Gentile de Mogliano]] e a de [[Camerino]] por [[Ridolfo de Varano]]; ou o da aberta rebeldía dos [[Malatesta]]; ou o de [[Francesco degli Ordelaffi]], que se fixera cunha gran parte da Romaña; ou o de [[Montefeltro]] que gobernaba os distritos de [[Urbino]] e Cagli; ou o da cidade de Senigallia apartada da obediencia papal; ou o de [[Bernardino de Polenta|Bernardino]] e [[Guido de Polenta]], que se fixeran con RavennaRávena e Cervia, respectivamente; ou o de [[Giovanni Manfredi|Giovanni]] e [[Riniero Manfredi]] que fixeran o propio con [[Faenza]]; ou o de [[Giovanni d'Ollegio]] que mantiña baixo a súa posesión a cidade de Boloña. Era precisa unha actuación resolta e esmagante contra todos aqueles rebeldes se se quería reunificar o [[patrimonio de San Pedro]]. Aproveitando a presenza en [[Aviñón]] do español [[Gil de Albornoz]], arcebispo de [[Toledo]] e afeito militar, que participara coas hostes de [[Afonso XI de Castela]] na [[Batalla do Salado]] e no sitio de [[Alxeciras]], [[Clemente VI, papa|Clemente VI]] elevoulle ao cardenalato e confioulle a misión de recrutar un exército. Dous anos despois (1353), entronizado xa [[Inocencio VI, papa|Inocencio VI]], portando unha bula pola que era nomeado legado papal plenipotenciario para os Estados Pontificios, aplicouse Gil de Albornoz á misión encomendada, conseguindo militarmente todos os seus obxectivos. Recuperou cantos territorios foran usurpados e dobregou aos altivos xefes da insubordinación italiana; os estados da Igrexa volvían, agrupados, á obediencia do papa. Albornoz tamén redactou e puxo en práctica o primeiro marco xurídico específico para os Estados Pontificios, as ''Constitutiones Aegidianae'' (as Constitucións Exidianas –por Exidio, isto é, por Gil) que seguiron en funcionamento ata os [[Pactos de Latrán]] ([[1929]]) que fundan a [[Cidade do Vaticano]].
 
== A época do Renacemento ==