Euskadiko Ezkerra: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Addbot (conversa | contribucións)
m Bot: Retiro 7 ligazóns interlingüísticas, proporcionadas agora polo Wikidata en d:q2531228
Sen resumo de edición
Liña 1:
'''Euskadiko Ezkerra''' ([[EE]]) foi un partido nacionalista vasco de esquerdas. Orixinado en 1977 como unha coalición entre [[Euskal Iraultzarako Alderdia]], [[Euskadiko Mugimendu Komunista]] e outras pequenas formacións da esquerda vasca para presentar unha lista conxunta ás eleccións xerais no [[Comunidade Autónoma Vasca - Euskal Autonomia Erkidegoa|País Vasco]] mentres a [[Unión Navarra de Izquierdas]] (UNAI) facía o propio en [[Navarra]]. EE conseguíu un escano no Congreso e un senador. Moitos dos membros máis prominentes desta primeira fase acabarían militando en [[Herri Batasuna]].
 
En 1982 uniuse co [[Partido Comunista de Euskadi]] constituíndose en partido co nome de '''Euskadiko Ezkerra-Izquierda para el Socialismo''', [[Mario Onaindia]] foi elixido secretario xeral, substituído máis tarde por [[Kepa Aulestia]], aínda que o seu líder indiscutido foi [[Juan María Bandrés]]. Tras a división do PNV e a formación de [[Eusko Alkartasuna]] en 1987, EE formalizou unha coalición con esta última. En 1988 asinou o [[Pacto de Ajuria Enea]] e no ano 1991 entrou no goberno vasco co PNV e EA.