Santiago Casares Quiroga: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Lameiro (conversa | contribucións)
Sen resumo de edición
Liña 21:
Coa chegada da [[Segunda República Española|República]] foi nomeado Ministro da Mariña no goberno provisional e máis tarde Ministro de Gobernación. Elixido deputado polas Cortes Constituíntes pola ORGA, seguiu sendo Ministro de Gobernación durante o goberno socialista-republicano presidido por [[Manuel Azaña]].
 
Elixido deputado de novo en [[1933]], e en [[1934]] (a ORGA pasa a chamarse [[Partido Republicano Gallego]]) une o seu partido co de Azaña e outras forzas para crear a [[Izquierda Republicana]], partido que se integraría no [[Frente Popular]]. Tralas eleccións de [[1936]] é nomeado Ministro de Obras Públicas. Tralo acceso de Azaña á presidencia da República, Casares Quiroga é nomeado Presidente do Goberno e Ministro da Guerra. Como presidente, organiza o referendo sobre o [[Estatuto de Autonomía de Galicia de 1936]], o terceiro que se presenta despois dos de [[Cataluña]] e [[Comunidade Autónoma Vasca - Euskal Autonomia Erkidegoa|País Vasco]], o cal é aprobado o [[28 de xuño]] do mesmo ano.
 
Segue sendo presidente do goberno cando se produce a sublevación militar do [[18 de xullo]] de [[1936]] que desembocaría na [[Guerra Civil Española]]. Afirmouse tradicionalmente que se negou a entregar as armas ás organizacións obreiras, polo que dimitiu e foi substituído por [[Diego Martínez Barrio]] de forma interina e por [[José Giral]] definitivamente. Así e todo, as memorias de [[Manuel Portela Valladares]] (inéditas até [[1972]]) e as da súa filla [[María Casares]], coinciden en afirmar o contrario: foi o presidente da República, [[Manuel Azaña]], quen cesou a Casares o mesmo [[18 de xullo]] de 1936 porque este último quería entregar as armas ao pobo.