Roscón: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Nachonion (conversa | contribucións)
mSen resumo de edición
Nachonion (conversa | contribucións)
Sen resumo de edición
Liña 3:
O '''roscón''' ou '''pan de ovo''' é un bolo de pan doce en forma de rosca (aínda que tamén pode ser en forma de barra ou trenza) feito con [[Ovo (alimento)|ovo]]s, [[leite]], [[fariña]], [[manteiga]] e [[azucre]]<ref>Definiciín en Portal das palabras da [[RAG]] - http://www.portaldaspalabras.org/buscador?palabra=rosc%C3%B3n&sinom=0&homonimo=</ref>, típico dos xantares de domingo e das festas de Galicia, especialmente por [[Pascua cristiá|Pascua]] e [[Día de Reis|Reis]] (tradicionalmente tamén pola [[Matanza do porco|matanza]] e as [[voda]]s<ref>Entrada rosca en ''Frampas, contribución al diccionario gallego'' de [[Eligio Rivas Quintas]]</ref>). Tamén é típico nalgunhas zonas de España (e por influencia Hispanoamérica), Portugal, Francia e Bélxica, especialmente o [[día de Reis]].
 
O roscón orixinal tería sido un simple biscoito (tipo [[bica]]) en forma de rosca. O roscón típico actual adoita ser un doce mesto e pesado, vernizado con ovo, que se adorna con [[froita confeitada]] ou cristalizada de varias cores ([[cereixa]]s, [[Laranxa (froita)|laranxa]]s, [[Ameixa (froito)|ameixa]]s, [[pera]]s, etc.), e montes de [[azucre]].
 
Nalgúns casos (raramente en Galicia) pode encherse de nata, crema, chocolate, cabelo de anxo, etc. No do día de Reis métenselle "sorpresas" no interior (figuriñas e un feixón)<ref>[http://concuchilloytenedor.es/roscon/reyes/alta/cocina El roscón de Reyes conquista la alta cocina, el mundo salado e internet]</ref>.