Pipino o Breve: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Servando2 (conversa | contribucións)
Elisardojm (conversa | contribucións)
Rávena
Liña 39:
Asegurando o reinado de Pipino III sobre os francos e consagrando o mesmo como tal, o Papa marcou as distancias co [[emperador bizantino|emperador de Bizancio]]. A [[Santa Sé]] sométese, a partir de agora e para a súa seguridade, aos soberanos francos. É o principio dunha longa colaboración, aínda que a miúdo tormentosa, cos Carolinxios e os seus distantes herdeiros do [[Sacro Imperio Romano Xermánico]]. E como consecuencia desta consagración, a lexitimidade do rei dos francos, ás veces de "dereito divino", non dependerá exclusivamente das señores francos electores do rei. Pipino considérase, porén, o primeiro rei pola vontade de Deus e o principio deste reinado de "dereito divino" durará en Francia sen interrupción durante cento once anos.
 
Pipino non pode, polo tanto, refusar a petición da Papa. Novo "David" e primeiro rei cristián, pola "graza de Deus", está obrigado a cumprir co Papa Estevo III (en tanto que fillo amado da Igrexa, tomando a defensa da súa Santa Nai) e a romper a súa alianza cos longobardos. O envío dunha delegación o [[14 de outubro]] de [[754]] para calmar os longobardos nas súas reivindicacións, non terá efecto; e en [[755]] Pipino lanza contra eles unha primeira expedición da que sae vitorioso. Pero ao ano seguinte, os longobardos poñen sitio a Roma. Xa que logo, de [[756]] a [[758]] deberá lanzar Pipino tres campañas contra eles ata conseguir botalos ata as inmediacións de [[RavennaRávena]].
 
Ao final destas expedicións, Pipino o Breve acode a entregar ao Papa os territorios conquistados: vinte e dúas cidades da [[Italia]] central, RavennaRávena, Perusa e as provincias de Emilia-Romagna e da Pentápole únense a Roma, formándose así o novo [[Estado Pontificio]]. Non obstante, Pipino, tras esta vitoria, multiplicará os seus esforzos diplomáticos para intentar restablecer a concordia entre os longobardos e Roma.
 
== Consolidación do reino ==
Liña 77:
* Adopción do [[denario]] de prata.
* [[757]]. Terceira campaña contra os longobardos.
* [[758]]. Cuarta campaña contra os longobardos, na que logra finalmente expulsalos ata as inmediacións de RavennaRávena.
* [[759]]. Expulsa definitivamente os árabes da Septimania e toma Narbona.
* [[761]]. Primeira campaña, dunha serie de oito, contra o duque de Aquitania, a última en 768.