Xulio Nepote: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
m *voltar -> volver
Elisardojm (conversa | contribucións)
Rávena
Liña 13:
==Reinado==
 
Pouco se sabe da política establecida por Xulio Nepote. Cuñacións de moeda en [[Roma]], [[RavennaRávena]] e [[Milán]]. No intento de atraer os visigodos, nomea a [[Orestes]] coma ''magister militarum'' e patricio, en oposición de [[Gundebaldo]], que era burgundio e neses intres atopabase lonxe da [[Italia]], xa que o seu tio [[Khilperico]], rei dos [[burgundios]], estaba sendo atacado por [[Eurico]], rei dos visigodos de Tolosa.
 
E como os visigodos estaban a ocupar unha gran parte de Provenza, Xulio Nepote envía unha delegación de bispos a falar con Eurico, que traen boas palabras, pero poucos resultados. Unha segunda delegación formada por catro bispos do sur da Galia parece conseguir mellores resultados na corte de Eurico.
Liña 24:
==Segundo Reinado==
 
[[Rómulo Augústulo]] envía unha carta a [[Zenón, Emperador|Zenón]], o novo emperador de Oriente, para dicirlle que un só emperador para ambos os imperios era suficiente, cando '''Xulio Nepote''' manda unha carta pedíndolle axuda para "reconquistar" o Imperio, xa que ten diñeiro e exército para facelo, pero é necesaria a súa axuda e recoñecemento para a restauración. Era setembro do [[476]]. Pero [[Rómulo Augústulo]] xa estaba practicamente fóra de xogo, porque [[Odoacro]] xa o obrigara a abdicar, despois dunha pequena guerra civil en contra do seu pai [[Orestes]], que morrera preto de [[RavennaRávena]]. Esta abdicación conseguiu que [[Odoacro]] se convertera no verdadeiro dono de [[Italia]] e do Imperio Romano, e as insignias imperiais foran enviadas a [[Zenón, Emperador|Zenón]]. Aínda que non fora recoñecido como tal, Roma seguía a cuñar moedas con nomes de Xulio Nepote e [[Zenón, Emperador|Zenón]], pero este non regresara a Italia nin o faría nunca. Era o emperador recoñecido por Oriente, pero de facto o Imperio Romano xa desaparecera.
 
==Morte==