Teodorico o Grande: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Elisardojm (conversa | contribucións)
Rávena
Elisardojm (conversa | contribucións)
Rávena
Liña 16:
En [[511]] interveu de forma decisiva na resolución da crise da monarquía visigoda, aberta a raíz da morte de [[Alarico II]] na [[batalla de Vouillé]] ([[507]]), derrotado polos francos. Depuxo ao usurpador [[Xesaleico]] e coroou ao seu neto [[Amalarico]], fillo de [[Alarico II|Alarico]] e da súa filla [[Tindigota]]. Asumiu o goberno do reino visigodo como titor do seu neto, a quen colocou baixo a protección de Teudis, un dos seus xenerais. A rexencia mantívose ata a morte do monarca ostrogodo ([[526]]), cando Amalarico puido gobernar libremente ao seu pobo.
 
Favoreceu o desenvolvemento da agricultura e do comercio. Fixo de RavennaRávena, a súa capital, un destacado centro artístico e cultural fomentando o cultivo das artes e as letras.
 
Permitiu a coexistencia do catolicismo e do arianismo durante a maior parte do seu reinado, pero esta tolerancia finalizou nos últimos anos da súa vida, debido aos enfrontamentos co [[Papado]] e co [[Imperio Bizantino]], que o levaron a encerrar e decapitar ao seu conselleiro Boecio ([[524]]) e a encarcerar ao papa [[Xoán I, Papa|Xoán I]].