Longobardos: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Servando2 (conversa | contribucións)
Elisardojm (conversa | contribucións)
Rávena
Liña 21:
A principios do ano [[568]], tras pasar a fronteira do [[Friúl]], máis de 200 000 longobardos e os seus aliados invaden chaira do [[Río Po|Po]] mais, unha vez na península, chocan logo coas obras defensivas que rodean as cidades así como numerosas fortalezas romano-bizantinas. Tamén, como todo pobo bárbaro, os Longobardos prefiren o campo ás cidades e constrúen residencias rurais na fértil chaira do Po (as ''[[salae]]''), postas baixo a dependencia dunha das ''[[farae]]'' (do [[lingua xermánica|xermánico]] ''fara'': ''banda''). Vivir en comunidade lonxe das cidades debía seguramente impedir unha asimilación rápida entre a numerosa poboación romana e preservar a cohesión nacional longobarda así como as calidades guerreiras dos seus homes.
 
Teñen lugar numerosos cercos, longos e difíciles tanto para os cercados como para os cercadores, mentres que unha parte da poboación italiana foxe cara o nordeste, a [[Venecia]] e cara a costa [[Liguria|lígur]] (rexión de [[Xénova]]). Finalmente, os longobardos apodéranse da cidade de [[Pavía]] ([[572]]) pero [[RavennaRávena]], última capital do [[Imperio Romano de Occidente|imperio de Occidente]], mantén a súa resistencia. Algunha bandas aramadas longobardas combatendo máis ou menos pola súa conta, infíltranse igualmente nos [[Apeninos]], no [[Benevento]] e ata [[Provenza]], de onde son expulsados polos [[francos]].
 
Despois dos asasinatos de Alboíno ([[572]]) e do seu sucesor [[Cleph]] en [[574]], os longobardos suprimen a realeza -feito único para esta época- e fican sen rei durante dez anos, errando en bandas máis ou menos rivais a través de toda a península que someten a un baño de sangue e lume, dirixidas por trinta e cinco xefes militares, os «Duques». A organización da realeza longobarda en Italia, que ía durar ata a conquista franca de [[Carlomagno]], ten as súas bases probablemente durante este período de [[anarquía]]: a coroa foi atribuída polos duques a un de entre eles, por elección.
Liña 32:
Un conflito entre tres poderes caracteriza a historia do reino longobardo en Italia: o poder de Roma, sé apostólica; o poder bizantino, reliquia da tentativa de reconquista de [[Occidente]] emprendida polo xeneral [[Belisario]] baixo o reinado de [[Xustiniano]], e o poder des reis longobardos. Tamén, a situación política da península nunca foi realmente estábel baixo este últimos.
 
Contra Bizancio, os longobardos conquistan de primeiras as posesións meridionais que se converten nos ducados de [[Ducado de Spoleto|Spoleto]] e de [[Ducado de Benevento|Benevento]] en [[570]] e [[571]]. Despois dunha tímida tentativa de reconquista imperial levada a cabo en [[590]], os longobardos toman logo [[Xénova]] (baixo Rotario, en [[650]]). O [[exarcado de RavennaRávena]] (enclave bizantino constituído arredor da última capital do [[Imperio de Occidente]]), comunmente chamado ''Romania'', segue a escapar ao seu control ata [[751]] e este, malia varias tentativas de parte destes últimos. Canto Venecia e a Nápoles, escapan ao xugo longobardo.
 
Nos séculos [[século VII|VII]] e [[século VIII|VIII]], as relacións dos longobardos coa [[Igrexa Católica Romana|Igrexa romana]] e, durante un período máis curto, coa aristocracia romana, son pésimas.
 
Roma, en principio oficialmente vinculada ao exarcado de RavennaRávena e Bizancio, ve como o poder do papa é substituído polo dun emperador alonxado e incapaz de intervir sobre a sorte dos seus súbditos peninsulares, mentres que a primacía da sé apostólica romana se afirma cada vez máis sobre os outros bispos da península.
 
Axilulfo foi o primeiro soberano longobardo a se converter á [[ortodoxia]] non sen comportar vivas resistencias ao seo do seu pobo. Os seus sucesores, en efecto, volven logo á herexía ariana e o rei ariano Rotario confisca os bens romanos do seu reino. O rei Ariperto ([[653]]–[[661]]) converteuse ao catolicismo pero decide ligarse á Igrexa de [[Aquilea]] que rexeita a autoridade papal sobre o Friúl. O rei [[Perctarito]] é o que ao final instala a ortodoxia romana no reino, sen que por iso mellorasen notoriamente as relacións políticas longobardas con Roma. En [[698]] ten lugar un acercamento baixo o reinado do rei [[Cuniperto]]: un concilio pon fin ao cisma de Aquilea e os bens de Roma son restituídos. [[Liutprando]], no seu soño de gobernar toda a península italiana, aproveitouse dos diverxencias entre Roma e Bizancio, daquela iconoclasta, para intentar facerse con RavennaRávena.
 
Finalmente, Roma vólvese cada vez máis cara os francos contra os longobardos que eran cada vez máis ameazadores, en principio sen éxito co Papa [[Gregorio III, Papa|Gregorio III]], en [[739]] – [[740]]. Con todo, o sucesor deste último, [[Zacarías, Papa|Zacarías]], decide apoiar a familia [[Carolinxios|carolinxia]] cando esta última usurpa a realeza ao último rei franco [[merovinxio]], [[Khilderico III]]: este acontecemento maior fai envorcar as relacións entre longobardos e francos. Despois da toma de RavennaRávena polos longobardos (751), en efecto, Aistolfo tenta tomar Roma. O papa [[Estevo III, Papa|Estevo III]] efectúa daquela unha viaxe á [[Galia]] en [[754]] para demandar a axuda de [[Pipino o Breve]], novo rei des francos. O rei efectúa entón dúas breves expedicións contra Aistolfo, en [[754]] e en [[756]], poñendo así a Roma e ao Papado baixo a súa protección. É probábel que o rei franco evitase debilitar demasiado aos longobardos a fin de os conservar como eventuais aliados.
 
O último rei dos longobardos foi ''Desiderius'', ou [[Desiderio|«Desiderio»]], que reina ata marzo de [[774]]. Este soberano de temperamento indeciso tenta contrerestar a influencia franca acercándose ao [[ducado de Baviera]]. En [[772]], [[Carlomagno]] responde á chamada de axuda do papa Estevo II, ameazado por Desiderio, e intervén en Italia na primavera de [[773]]. Toma Pavía en marzo de 774 tras un cerco difícil pero nunha conquista rápida e sen resistencia notábel, poñendo así fin ao reinado de Desiderio e ao dominio longobardo sobre Italia. A falta de cohesión entre os diferentes duques longobardos é unha das principais causas das súas tres derrotas conta os francos.
Liña 121:
 
== Véxase tamén ==
*[[Exarcado de RavennaRávena]].
*[[Estados Pontificios]].
*[[Ducados longobardos]].