Pupieno: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Servando2 (conversa | contribucións)
m engado a Categoría:Finados en 238 mediante HotCat
Elisardojm (conversa | contribucións)
Rávena
Liña 7:
O Emperador [[Maximino Tracio]] foi declarado inimigo público e noméase a [[Gordiano I]] e [[Gordiano II]] como emperadores. Pero cando chega a Roma a nova da morte dos dous ás portas de [[Cartago]], xunto co feito de que Maximino se achegaba coas súas lexións cara a Roma, o Senado, reúnese nunha xuntanza de emerxencia no templo de Xúpiter e nomean a [[Balbino]] e Pupieno como co-emperadores. O pobo de Roma, sabedor desta nova, rodea o templo e esixe que se nomee a [[Gordiano III]], neto de Gordiano I como emperador. Para calmar o problema, Gordiano III, quen aínda era un rapaz de 13 anos, é nomeado César.
 
Balbino carecía de experiencia militar e encoméndase ó goberno de Roma, mentres Pupieno sae cara a [[RavennaRávena]] para lle facer fronte a Maximino, que estaba asediando a cidade de [[Aquileia]].
 
Pupieno atópase cun grande problema para xuntar tropas e conseguir fondos e pertechos para as tropas. Pero mentres tentaba a solución deste problema, o emperador Maximino e o seu fillo son asasinados polos lexionarios, córtanlles a cabeza e lévanllas a Pupieno, quen as transporta a Roma, onde fai unha entrada que o Senado romano converte nun triunfo persoal.