Lublin: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
m Erro de enlace
Sen resumo de edición
Liña 15:
 
[[Ficheiro:5 Lublin 34.jpg|thumb|270px|left|A Cidade Vella.]]
A aldea foi albo de ataques por parte de [[tártaros]] ([[1241]], [[1259]] e [[1287]]), [[ruteno]]s, [[iotivinxiano]]s e [[Lituania|lituanos]] e foi destruída varias veces. Recibiu o título de cidade en [[1317]],bsendo Maciej de Opatowiec o seu primeiro gobernador<ref name=":2">{{Cita web |url=http://www.um.lublin.eu/en/index.php?t=200&id=47590 |título=Historia de Lublin |editor=[http://www.lublin.eu/] |dataacceso=23 de abril de 2014 de 2014 |lingua=inglés}}</ref>. [[Casimiro III da Polonia|Casimiro o Grande]], avaliando a importancia estratéxica do lugar, mandou erguer con pedras un castelo acompañado dunha capela da Santísima Trinidad en [[1341]] e cercou a cidade con murallas.
 
En [[1392]], a cidade recibiu do rei [[Ladislau II de Polonia|Władysław Jagiełło]] importantes privilexios na área de comercio, e co establecemento da paz entre Polonia e [[Lituania]] acabou transformándose nun grande centro comercial entre os dous países. Nesta época realizáronse os murais ruso-bizantinos da capela da Santísima Trinidad. En [[1474]] a área ao redor de Lublin foi escollida para formar a [[Provincia de Lublin]], da que Lublin segue sendo capital hoxe en día<ref name=":1" />.
Liña 89:
== Economía ==
 
O Leste de Polonia é unha das zonas máis deprimidas da Unión Europea. Lublin é a capital de Lubelskie, considerada a máis pobre de tódalas rexións polacas<ref>{{cita web |url=http://insideurope.eu/node/344|título=Dados do Eurostat do ano 2013 |dateformat=mdy |dataacceso=23 de abril de 2014|lingua=inglés}}</ref>. Por ese motivo no ano 2007 creouse unha Zona Económica Especial que permite que os invesores que se instalen nesta rexión disfruten de exencións fiscais e de axudas estatais en forma de créditos a baixo interés<ref>{{cita web |url=http://whyeasternpoland.eu/en/why-is-worth-/why-here-/investment-incentives-486|título=Sitio oficial da campaña "Why Eastern Poland" |dateformat=mdy |dataacceso=23 de abril de 2014|lingua=inglés}}</ref>. <br />
 
=== Industria ===
 
Durante o século XX destacaba Lublin pola industria do automóbil e de maquinaria agrícola especialmente pola creación da Fabryka Samochodów Ciężarowych en 1950. Esta fábrica sufriu moitas dificultades nos anos 1990 e 2000. Na actualidade sigue producindo vehículos, logo de ser adquirida en 2009 por DZT Tymińscy Sp. J., convertida logo en Honker Polonia<ref>{{cita web |url=http://www.honker.com.pl/index.php/historia|título=Páxina de Honker Polonia |dateformat=mdy |dataacceso=23 de abril de 2014|lingua=polaco}}</ref>. <br />
 
Ademais Lublin é capital dunha fértil rexión que produce carne, trigo, fariña, azucre, tabaco, cervexa e aceites vexetais. Por ese motivo a cidade conta con industrias de tratamento de alimentos e coa principal plataforma de distribución alimentaria e de flores do Leste de Polonia, o mercado de Elizówka<ref name=":0">{{cita web |url=http://www.lublin.eu/images/upload/Lublin%20economic%20information%20brochure_%20ENG%281%29.pdf|título=Folleto de información económica do concello de Lublin |dateformat=mdy |dataacceso=23 de abril de 2014|lingua=inglés}}</ref>.
 
=== Servicios e educación ===
 
Na actualidade, a pesares da continuidade na producción da súa industria automobilística, as principais fontes de empregos son o sector servicios e a presencia de numerosas universidades<ref>{{cita web |url=http://www.lublin.eu/images/upload/Lublin%20economic%20information%20brochure_%20ENG%281%29.pdf|título=Folleto de información económica do concello de Lublin |dateformat=mdy |dataacceso=23 de abril de 2014|lingua=inglés}}</ref>. Conta con cinco universidades consideradas públicas: a Universidade Católica de Lublin (única do seu tipo en Polonia), a Universidade de Menciña, a Universidade de Ciencias da Vida, a Universidade Tecnolóxica de Lublin e a Universidade María Curie Skłodowska, unha das maiores do país. A estas únense outros tantos centros privados especializados, abertos nos últimos anos<ref>{{cita web |url=http://eunivercitiesnetwork.com/city-of-lublin-universities-of-lublin/|título=Sección de Univercities Network referida a Lublin |dateformat=mdy |dataacceso=23 de abril de 2014|lingua=inglés}}</ref>. En 2009 86.000 estudiantes estaban inscritos nestas universidades. <br />
 
Nos últimos anos instaláronse en Lublin varias empresas do sector servicios, especialmente tecnolóxicas, traídas polos incentivos fiscais e de crédito, polo baixo prezo dos alugueres (un 60% do de Cracovia), pola presencia de man de obra calificada, pola relativa cercanía con Varsovia e por uns salarios medios que só representaban en 2011 un 73% do promedio na capital do país. En paralelo, as administracións local e rexional puxeron en marcha diversos proxectos de colaboración entre as universidades e pequenos emprendedores, creando un parque tecnolóxico, incubadores de proxectos e fundacións especializadas en dar apoio a novas empresas<ref>{{cita web |url=http://www.lublin.eu/images/upload/Lublin%20economic%20information%20brochure_%20ENG%281%29.pdf|título=Folleto de información económica do concello de Lublin |dateformat=mdy |dataacceso=23 de abril de 2014|lingua=inglés}}</ref>.<br />
 
== Transportes ==
Liña 114:
* a 19, que atravesa o Leste de Polonia de Norte a Sur, dende Białystok ata [[Rzeszów]].
 
Actualmente están en construcción os accesos e a circunvalación da cidade por medio da S12/S17<ref>{{cita web |url=http://www.s17lublin.pl/|título=Sitio oficial do proxecto S12/S17 de accesos a Lublin |dateformat=mdy |dataacceso=23 de abril de 2014|lingua=polaco}}</ref>.
 
=== Autobuses ===
 
Lublin posúe unha estación de autobuses da que parten diariamente buses con destino ás principais cidades polacas<ref>{{cita web |url=http://www.e-podroznik.pl/public/timeTableSearcherResults.do?stopId=25827&indexTT=1|título=Lista de destinos e horarios da estación de autobuses de Lublin|dateformat=mdy |dataacceso=23 de abril de 2014|lingua=polaco}}</ref>.
 
A cidade conta cun sistema de autobuses urbanos (con máis de 60 liñas en servizo) e de trolebuses (7 liñas) operados pola empresa MPK<ref>{{cita web |url=http://mpk.lublin.pl/en/?id_site=26|título=Sitio da MPK |dateformat=mdy |dataacceso=23 de abril de 2014|lingua=inglés}}</ref>.
 
=== Ferrocarril ===
 
Lublin ten enlaces ferriviarios co Oeste de Polonia, con vilas da rexión de Lublin e con Kiev. A estación de trens de foi construída no 1877 por decisión do zar de Rusia. Logo da independencia de Polonia, concretamente nos anos 1924 e 1925, foi remodelada seguindo un deseño de Jerzy Müller que transformou a fachada, adaptándoa ás tradicións arquitectónicas polacas<ref>{{cita web |url=http://teatrnn.pl/leksykon/node/1344/dworzec_kolejowy_w_lublinie|título=Artigo adicado á estación de trens en Leksykon Lublin|dateformat=mdy |dataacceso=23 de abril de 2014|lingua=polaco}}</ref>.
 
=== Aeroporto ===
 
No 2012 inaugurouse o [[Aeroporto de Lublin|aeroporto de Lublin]], situado na vila veciña de Świdnik. Na actualidade conta con ligazóns regulares con Londres, Oslo, Gdańsk, Milán e Roma. Lufthansa anunciou que a partires de xullo do 2014 operará dous voos semanais a [[Frankfurt]]<ref>{{cita web |url=http://www.lufthansagroup.com/en/press/news-releases/singleview/archive/2014/april/09/article/2900.html|título=Nota de presa de Lufthansa|dateformat=mdy |dataacceso=23 de abril de 2014|lingua=inglés}}</ref>.
 
== Monumentos e lugares de interese ==