Rebordelos, Carballo: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Sen resumo de edición
Liña 31:
Así mesmo houbo no lugar unha casa dos Rodríguez-Arijón na que naceu o tataravó do Conde de Castillo de Tajo, Alfonso Díez de Tejada Rodríguez-Arijón. En 1816 Miguel Antonio Rodríguez-Arijón, natural de Rebordelos fixo provisión e gañou executoria de nobreza na Real Chancelería de Valladolid. Estes Rodríguez-Arijón tamén posuíron soar en San Cristovo de Cerqueda, San Mamede de Seavia e San Pedro de Sorrizo.
 
Respecto do territorio "fuxido" de Imende, aínda que este está adscrito á parroquia de Noicela como "principal", historicamente pertenceu á de Rebordelos. Así pois, os imendeses teñen a opción de bautizarse, casar ou enterrarse en Rebordelos por razóns de proximidade ou antecedentes familiares. Como di o escritor e historiador Xosé Pumar Gándara, é este un caso peculiar pendente de arreglovixente, pois outros semellantes tanto en parroquias como en dioceses xa foron resoltos por competentes decretos.
 
En abril de [[1843]] produciuse o naufraxio do ''RMS Solway'', que levantou as reclamacións do goberno inglés ó español sobre a falta de sinais marítimas en Galicia. A catástrofe do ''Solway'' ó chocar nos baixos de Baldaio causou 35 mortos e foi a causa de que se aprobase a primeira Lei de Faros onde se sinalaba a colocación de luces nos cabos [[Cabo Fisterra|Fisterra]] e [[Cabo Vilán|Vilán]] e nas [[Illas Sisargas]]. O desastre produciuse de noite, con bo tempo e lúa clara. O escritor [[Jules Verne]] na súa obra ''[[Vinte mil leguas baixo dos mares]]'' fai referencia a este naufraxio fronte ás costas de Rebordelos.