Lluís Dalmau: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Addbot (conversa | contribucións)
m Bot: Retiro 10 ligazóns interlingüísticas, proporcionadas agora polo Wikidata en d:q723863
lig ints
Liña 1:
[[Ficheiro:Dalmau Mare de Deu dels Consellers.jpg|miniatura|300px|''Virxe dos Concellers'' (''Mare de Déu dels Consellers'')]]
'''Lluís Dalmau''', poida que nado en [[Valencia - València|Valencia]] e finado en [[Barcelona]] contra o [[1460]], foi un pintor [[arte gótica|gótico]], é unha das figuras emblemáticas do [[gótico catalán]] que traballaría ao servizo da coroa durante o reinado de [[Afonso o Magnánimo]].
 
==Dalmau e o Gótico Internacional==
Per encargo do rei [[Afonso IV de Aragón|Afonso IV]] fixo unha viaxe a [[Flandres]] e a algunhas das provincias holandesas entre [[1431]] e [[1436]]. Alí entrou en coñecemento directo coa pintura flamenga, especialmente con [[Jan van Eyck]]. Isto constituíu un acontecemento decisivo para a chegada do estilo [[Pintura Gótica Internacional|gótico internacional]] a [[Cataluña]] e a introdución da técnica da [[pintura ao óleo]]. Porén no conxunto da Coroa de Aragón, desde [[1438]] está asentado en [[Valencia - València|Valencia]] un discípulo directo de Jan Van Eyck, [[Lluís Alimbrot]], a través do cal recibiría Jacomart as leccións da escola flamenga.
 
==Obras==
Malfadadamente só se conservan dúas obras de Dalmau, que consten con sostén documental:
* o retablo da [[Virxe dos Concellers]] (''Mare de Déu dels Consellers'') ([[1443]]-[[1445]]), un encargo do [[Consell de Cent]] para a capela da casa do concello da cidade de Barcelona, ;
* a táboa central do Retablo de san Baudilio (''Retaule de Sant Baldiri''), de ([[1448]]), para a igrexa parroquial de [[Sant Boi de Llobregat]].