Flora intestinal: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Miguelferig (conversa | contribucións)
Miguelferig (conversa | contribucións)
Liña 70:
 
===Inmunidade===
A flora intestinal ten un efecto continuo e dinámico no intestino do hóspede e nos sistemas inmunitarios sistémicos. As bacterias son fundamentais para promover o desenvolvemento temperán do sistema inmune da mucosa intestinal tanto en termos de compoñentes físicos coma de función e continúa xogando un papel posteriormente durante a vida nese proceso. A bacteria estimula o [[tecido linfoide asociado ao intestino|tecido linfoide asociado coa mucosa intestinal]] para que produza [[anticorpo]]s contra patóxenos. O sistema inmunitario recoñece e loita contra as bacterias nocivas, pero deixa tranquilas as especies nocivas útiles, unha [[tolerancia inmunolóxica|tolerancia]] desenvolvida na infancia.<ref name="Guarner and Malagelada 2003b"/><ref name=Steinhoff/><ref name=Shanahan/>
 
En canto o neno nace, as bacterias empezan a colonizar o seu tracto dixestivo. As primeiras bacterias en establecerse poden afectar á [[resposta inmune]], facéndoa máis favorable para a súa propia supervivencia e menos para a das especies competidoras; así, as primeiras bacterias en colonizaren o intestino son importantes para determinar a composición da flora intestinal ao longo da vida dunha persoa. Porén, no momento do [[destete]] hai un cambio desde unha flora con especies predominantemente [[anaerobio facultativo|anaeróbicas facultativas]], como os [[estreptococo]]s e ''[[Escherichia coli]]'', a especies maioritariamente [[anaerobio obrigado|anaeróbicas obrigadas]].<ref name="Guarner and Malagelada 2003b"/><ref name=Sears/>