Arcadio López-Casanova: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
+ imaxe
lig int
Liña 8:
Xa de volta na súa cidade natal, prosegue coa súa actividade de política cultural organizando e dirixindo o primeiro Curso de galego ([[1965]]), e unha homenaxe a [[Luís Pimentel]]. Asiste á tertulia luguesa de [[Celestino Fernández de la Vega]], colabora na prensa con artigos de temática literaria, e funda a colección "Ronsel" de poesía. Comeza a impartir docencia no [[Colexio Fingoi]], baixo a dirección do profesor [[Ricardo Carvalho Calero]], e pasa logo ao lNEM, onde coincide cos catedráticos [[Xesús Alonso Montero|Alonso Montero]] e [[Amable Veiga]].
 
En [[1968]] trasladouse a [[Valencia - València|Valencia]] para ocupar unha cátedra de lingua e literatura españolas no Instituto Mariano Benlliure. Desde [[1986]] é profesor titular do Departamento de Filoloxía Española da Facultade de Filoloxía da [[Universidade de Valencia]], onde imparte materias relacionadas coa poesía e a novela españolas do século XX, así como a análise e a composición de textos poéticos.
 
En [[2012]] foi elixido membro de honra da [[Real Academia Galega]].