Comisións Obreiras: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Liña 35:
Porén, o ano seguinte as CCOO foron declaradas "subversivas e ilícitas", polo que os seus membros foron perseguidos e represaliados, con preto de 9.000 condenas ditadas no período 1966-1977 polo Tribunal de Orde Pública. Ademais, diferentes declaracións de [[estado de excepción]], sobre todo entre [[1969]] e [[1971]], acabarían na detención e tortura de moitos dirixentes obreiros. Cabe sinalar tamén o Proceso 1001, mercé ao cal foron condenados a varios anos de cárcere os membros da Coordinadora Nacional de CCOO <ref>''El final de la dictadura'', de Alberto Sabio e Nicolás Sartorius.<small>Consultado o 6 de febreiro de 2010</small></ref>.
 
En [[1975]], coa morte de [[Francisco Franco]], o réxime ditatorial comeza a desintegrarse e xorden presións para lograr a legalización dos diferentes partidos e das centrais sindicais. O Secretariado da Coordinadora Xeral de CCOO decidiu celebrar a Asemblea Xeral de CCOO en [[Madrid]] os días 27, 28 e 29 de xuño de [[1976]], pero as autoridades prohibírono.MANU PRINGAO NEGRO TIRAFLECHAS
 
Con todo, a dirección do sindicato decidiu celebrar clandesetinamente a asemblea en [[Barcelona]] o [[11 de xullo]] do mesmo ano. Constatada a imposibilidade de crear un sindicato unitario, decidiuse a creación da Confederación Sindical de Comisións Obreiras. O [[27 de abril]] de [[1977]], logo da legalización dos partidos políticos, legalizáronse os sindicatos, co que CCOO puido constituírse xuridicamente. O primeiro congreso do sindicato foi en xuño de [[1978]]e Marcelino Camacho resultou electo secretario xeral.