Club Deportivo Ourense: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Jorges65 (conversa | contribucións)
Jorges65 (conversa | contribucións)
mSen resumo de edición
Liña 23:
O '''Club Deportivo Ourense''' é un club de [[fútbol]] de [[Galicia]], da cidade de [[Ourense]]. Foi fundado no [[1952]], logo da desaparición da [[Unión Deportiva Orensana]], e actualmente compite na [[Segunda División B Española|Segunda División B]].
 
O Ourense xogou 13 tempadas na [[Segunda División Española]], acadando o terceiro posto nas tempadas 1959/60 e 1961/62. Entre os seus títulos constan dúas [[Copa Real Federación Española de Fútbol|Copa Federación]] e 8 ligas de [[Terceira División Española|Terceira División]].
 
==Historia==
Liña 29:
O Club Deportivo Ourense ten as súas orixes na [[Unión Deportiva Orensana]], fundada no [[1942]]. Ao ano seguinte logrou o ascenso á [[Terceira División Española|Tercera División]], onde xogou ata [[1949]], cando logrou subir á [[Segunda División Española|Segunda División]] debido a ampliación do número de equipos.<ref>[http://senafutbolmarin.blogspot.com/2009/12/u-d-orensana-obras.html Historia da Unión Deportiva Orensana], no blog ''Sena fútbol Marín'', decembro de 2009 {{es}}.</ref>
 
A UD Orensana debutou en Segunda na tempada [[Segunda división española 1949/50|1949–50]] e mantívose tres campañas na división de prata, con postos na zona media da clasificación, até que descendeu na tempada [[Segunda división española 1951/52|1951–52]] ao rematar antepenúltimo, en 14º lugar. Ese mesmo ano chegaron á final da [[Copa Real Federación Española de fútbolFútbol|Copa Federación]], perdendo co [[Real Jaén]]. Logo dese partido, a directiva anunciou suspensión de pagos ao non poder pagar aos xogadores, que marcharon a outros equipos. Ao non poder continuar coa xestión, a entidade desapareceu.
 
===Nacemento do Club Deportivo Ourense===
Liña 42:
 
===Actualidade===
O CD Ourense intentou volver á Segunda División sen éxito. En anos posteriores as dificultades económicas minguaron, o equipo, que tivo que facer varias ampliacións de capital para garantir a súa existencia. Na tempada 2007–08 os resultados na liga regular empeoraron. Malia que ese mesmo ano gañou a [[Copa Real Federación Española de fútbolFútbol|Copa Federación]] tras impoñerse na final ao [[CF Reus Deportiu|Reus]], acabou 17º na clasificación do grupo I da Segunda B, polo que descendeu á Terceira División. Este feito agravou a situación económica do club, que acumulou impagos a xogadores e estivo a piques de desaparecer.<ref>[http://www.notasdefutbol.com/otras-ligas/el-ourense-agoniza "El Ourense agoniza"], artigo en ''Notas de fútbol'', [[4 de outubro]] do [[2006]] {{es}}.</ref> Porén, logrou manterse en Terceira División con xogadores galegos e da canteira. Na tempada [[Terceira división española 2011/12|2011–12]] resultou campión, clasificándose para a [[Promoción de ascenso a Segunda División B 2011/12|fase de ascenso]] como primeiro de grupo, debendo xogar contra o [[CD Laudio]] na primeira eliminatoria. Tras gañar (1–3) en terras [[Álava|alavesas]], no partido de volta venceu por un gol no Couto, logrando así o ascenso a [[Segunda División B]].
 
Na tempada 2012/2013 o club perdura na segunda división B tras conseguir o posto 12 na clasificación.
Liña 48:
Faise tamén oficial a renovación por dúas tempadas do adestrador Luisito.
 
O [[10 de abril]] do [[2014]] o Club Deportivo Ourense logrou a súa segunda [[Copa Real Federación Española de fútbolFútbol|Copa Federación]] tras impoñerse ao [[CD Guadalajara (España)|Guadalajara]] na dobre final (perdeu 0–1 na ida en Guadalaxara e venceu 2–0 na volta no Estadio do Couto).<ref>{{cite news|title=El Ourense conquista la Copa Federación |url=http://www.marca.com/2014/04/10/futbol/mas_futbol/1397161054.html?a=5f362252e02854dd64de4775e73d3a04&t=1397167012 |publisher=''[[Marca (xornal)|Marca]]'' |date=10 de abril de 2014}}</ref>
 
== Xogadores 2012/13==