Club Deportivo Ourense: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Krisko (conversa | contribucións)
Sen resumo de edición
Liña 21:
| leftarm2=333333|body2=333333|rightarm2=333333|shorts2=|socks2=
}}
O '''Club Deportivo Ourense''' é un club de [[fútbol]] de [[Galicia]], da cidade de [[Ourense]]. Foi fundado enno [[1952]], logo da desaparición da [[Unión Deportiva Orensana]], e actualmente compite na [[Segunda División B Española|Segunda División B]].
 
O Ourense xogou 13 tempadas na [[Segunda División Española]], acadando o terceiro posto nas tempadas 1959/60 e 1961/62. Entre os seus títulos constan unhadúas [[Copa Federación]] e 8 ligas de [[Terceira División Española|Terceira División]].
 
==Historia==
===Orixes===
O Club Deportivo Ourense ten as súas orixes na [[Unión Deportiva Orensana]], fundada enno [[1942]]. Ao ano seguinte logrou o ascenso á [[Terceira División Española|Tercera División]], onde xogou atéata [[1949]], cando logrou subir á [[Segunda División Española|Segunda División]] debido a ampliación do número de equipos.<ref>[http://senafutbolmarin.blogspot.com/2009/12/u-d-orensana-obras.html Historia da Unión Deportiva Orensana], no blog ''Sena fútbol Marín'', decembro de 2009 {{es}}.</ref>
 
A UD Orensana debutou en Segunda na tempada [[Segunda división española 1949/50|1949–50]] e mantívose tres campañas na división de prata, con postos na zona media da clasificación, até que descendeu na tempada [[Segunda división española 1951/52|1951–52]] ao rematar antepenúltimo, en 14º lugar. Ese mesmo ano chegaron á final da [[Copa Federación de fútbol|Copa Federación]], perdendo co [[Real Jaén]]. Logo dese partido, a directiva anunciou suspensión de pagos ao non poder pagar aos xogadores, que marcharon a outros equipos. Ao non poder continuar coa xestión, a entidade desapareceu.
 
===Nacemento do Club Deportivo Ourense===
O Club Deportivo Ourense constituíuse o [[10 de setembro]] do [[1952]], con [[Jesús Díaz Varela]] na presidencia.<ref>[http://cdourense.iespana.es/temporadas/52-53.htm "Temporada 1952-53"], historia do CD Ourense {{es}}.</ref> O club, formado con xogadores locais e afeccionados, debutou en división rexional, pero logrou o ascenso á Terceira División o primeiro ano debido a unha vacante. Tras unha primeira tempada de consolidación na categoría marcouse como obxectivo o ascenso á Segunda División.
 
O equipo clasificouse para as fases finais polo ascenso en tres ocasións consecutivas, acadándoo finalmente no cuarto intento na tempada 1958–59, tras derrotar ao [[Club Deportivo Getxo|CD Getxo]]. Logo de acadar o terceiro posto na tempada de debut en Segunda División, o equipo mantívose cinco anos máis na división de prata. Na campaña 1964–65 descendeu ao finalizar en penúltimo lugar do seu grupo.<ref>[http://cdourense.iespana.es/temporadas/breve_historia.htm "Breve historia"], historia do CD Ourense {{es}}.</ref>
 
Nas seguintes campañas logrouse unha forte superioridade sobre os rivais nas categorías rexionais, copando as primeiras posicións do seu grupo. EnNo 1969 conséguese o regreso á segunda división tras vencer ao [[Bilbao Athletic]], se ben só se permaneceu alí un ano ao terminar en última posición. Regresouse de novo enno [[1973]], permanecendo dúas campañas até un novo descenso.
 
===Vinte anos até o ascenso===
Coa introdución da [[Segunda división B española|Segunda División B]], o CD Ourense tivo dificultades para emprender o obxectivo do ascenso e atravesou unha crise deportiva. EnNo [[1980]] non puido evitar descender á Terceira División, manténdose nela atéata [[1985]]. Nove anos despois, con [[Antonio Teixidó]] e [[José María Gómez Fuertes]] como adestradores, logrouse o ascenso á segunda división, tras acabar a liga en terceiro lugar e logo de eliminar na liguiña de ascenso o [[Real Jaén]], [[Sestao River]] e [[Unió Deportiva Atlètica Gramenet|Gramenet]].<ref>[http://hemeroteca.elmundodeportivo.es/preview/1994/06/05/pagina-59/1304057/pdf.html "El Ourense, nuevo Segunda A"], artigo en ''[[Mundo Deportivo]]'', [[5 de xuño]] de [[1994]] {{es}}.</ref> O equipo rematou a campaña [[Segunda división española 1994/95|1994–95]] en última posición e descendeu á Segunda B, pero regresouse enno [[1996]], ano en que a entidade se converteu en [[sociedade anónima deportiva]]. Durante tres tempadas o club loitou por manterse, pero na tempada [[Segunda división española 1998/99|1998–99]] descendeu de novo.
 
===Actualidade===
O CD Ourense intentou volver á Segunda División sen éxito. En anos posteriores as dificultades económicas minguaron, o equipo, que tivo que facer varias ampliacións de capital para garantir a súa existencia. Na tempada 2007–08 os resultados na liga regular empeoraron. Malia que ese mesmo ano gañou a [[Copa Federación de fútbol]] tras impoñerse na final ao [[CF Reus Deportiu|Reus]], acabou 17º na clasificación do grupo I da Segunda B, polo que descendeu á Terceira División. Este feito agravou a situación económica do club, que acumulou impagos a xogadores e estivo a piques de desaparecer.<ref>[http://www.notasdefutbol.com/otras-ligas/el-ourense-agoniza "El Ourense agoniza"], artigo en ''Notas de fútbol'', [[4 de outubro]] dedo [[2006]] {{es}}.</ref> Porén, logrou manterse en Terceira División con xogadores galegos e da canteira. Na tempada [[Terceira división española 2011/12|2011–12]] resultou campión, clasificándose para a [[Promoción de ascenso a Segunda División B 2011/12|fase de ascenso]] como primeiro de grupo, debendo xogar contra o [[CD Laudio]] na primeira eliminatoria. Tras gañar (1–3) en terras [[Álava|alavesas]], no partido de volta venceu por un gol no Couto, logrando así o ascenso a [[Segunda División B]].
 
Na tempada 2012/2013 o club perdura na segunda división B tras conseguir o posto 12 na clasificación.
Liña 48:
Faise tamén oficial a renovación por dúas tempadas do adestrador Luisito.
 
O [[10 de abril]] dedo [[2014]] o Club Deportivo Ourense logrou a súa segunda [[Copa Federación de fútbol|Copa Federación]] tras impoñerse ao [[CD Guadalajara (España)|Guadalajara]] na dobre final (perdeu 0–1 na ida en Guadalaxara e venceu 2–0 na volta no Estadio do Couto).<ref>{{cite news|title=El Ourense conquista la Copa Federación |url=http://www.marca.com/2014/04/10/futbol/mas_futbol/1397161054.html?a=5f362252e02854dd64de4775e73d3a04&t=1397167012 |publisher=''[[Marca (xornal)|Marca]]'' |date=10 de abril de 2014}}</ref>
 
== Xogadores 2012/13==
Liña 83:
 
== Estadio ==
Xoga no campo do [[Estadio do Couto|O Couto]], con capacidade para 5.659 persoas e unhas dimensións de 105 x 68 metros.
 
== Datos do club ==