Pío XII, papa: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
+ cats; lig ints
formato
Liña 1:
{{FormatoWikiPapS-XX}}
 
[[Ficheiro:260-pio12.jpg|miniatura|dereita|Pío XII.]]
 
'''Pío XII''' (en [[latín]], Pius PP. XII), nado '''Eugenio Maria Giuseppe Giovanni Pacelli''' en [[Roma]] o [[2 de marzo]] de [[1876]] e finado en [[Castelgandolfo]] o [[9 de outubro]] de [[1958]], foi o 260º [[Papa]] da [[Igrexa Católica Romana|Igrexa Católica]] e soberano do Estado da [[Cidade do Vaticano]] entre o 2 de marzo de 1939 e a súa morte. Foi declarado ''Venerable'' o 19 de decembro de 2009 por [[Bieito XVI]].
Liña 15 ⟶ 17:
Como sacerdote, foi asignado a Chiesa Nuova, onde servira como acólito, pero en 1901 ingresou na Congregación de Asuntos Eclesiásticos Extraordinarios, dependente da Secrearía de Estado vaticana, como ''minutante'' grazas á recomendación do cardeal Vannutelli.
 
En 1904, Pacelli foi nomeado chambelán e en 1905 prelado doméstico da Súa Santidade; entre 1904 e 1916, asistiu ao cardeal Gasparri na codificación do Dereito Canónico no Departamento de Asuntos Eclesiásticos Extraordinarios. En 1908, representou a Santa Sede no Congreso Internacional Eucarístico en [[Londres]], e posteriormente, en 1911, na coroación de XorgeXurxo V de [[Inglaterra]].
 
Adscrito xa á diplomacia vaticana, foi nomeado subsecretario de Estado en 1911, e secretario adxunto en 1912 (cargo para o que foi designado por [[Pío X]] e confirmou [[Bieito XV]]); en 1914, secretario de Asuntos Eclesiásticos Extraordinarios en substitución de Gasparri, promovido a Cardenal Secretario de Estado.
Liña 29 ⟶ 31:
Pacelli negoció e asinou os concordatos entre a Santa Sede e o ducado de Baden (1932), a república de [[Austria]] (1933), o reino de [[Iugoslavia]] (1935), e moi destacadamente con Alemaña, tratado este último que segue vixente na actualidade.
 
Como Secretario de Estado unha das súas máis significativas actuacións foi a participación na elaboración, a instancias dos bispos alemáns, da encíclica ''Mit brennender Sorge'', que supuxo unha dura condena por parte do Papado das políticas do rexime nazi. O texto inicial correu a cargo de Michael von Faulhaber, cardeal arcebispo de [[MunichMúnic]] e Freising, e ao parecer a versión definitiva debeuse a Pacelli. Con data de 14 de Marzo de 1937, o documento foi lido en todas as igrexas de Alemaña o Domingo de Ramos, provocando as iras de [[Hitler]] e do aparato de propaganda ideolóxica de Goebbels.
 
No desempeño das súas funcións, Pacelli realizou numerosas viaxes aos [[Estados Unidos de América|Estados Unidos]], [[Arxentina]], [[Hungría]] e [[Francia]], tendo acceso aos mandatarios destes países, o que lle outorgou prestixio internacional.
Liña 36 ⟶ 38:
 
===Papa===
{{PapS-XX}}
Á morte de [[Pío XI]], a xestión da sede vacante correspondeu a Pacelli pola súa condición de camarlengo, cargo que o convertía ademais en candidato favorito. O [[conclave]] durou apenas dous días, e á terceira votación, o 2 de marzo de 1939, Pacelli resultou elixido Papa, sendo o primeiro que carecía de calquera experiencia pastoral, fose en parroquias ou en dióceses, dado que desenvolvera toda a súa carreira na administración vaticana. Tal vez isto explique a orientación eminentemente política do seu pontificado, moi condicionado por acontecementos históricos tan decisivos como a [[Segunda Guerra Mundial]] e a posterior [[Guerra Fría]]. Algúns historiadores criticaron o silencio do Papa diante do [[holocausto]], acusándoo de [[antisemitismo]]; tamén as súas actitudes anticomunistas o levaron a lexitimar a [[ditadura]] de [[Franco]] en [[España]] coa asinatura do concordato de 1953, a cambio de importantes privilexios e vantaxes para a Igrexa, e a condenar as ideoloxías [[Marxismo|marxistas]] e [[Comunismo|comunistas]], ameazando coa excomuñón a todos os católicos que as apoiasen.
 
[[Ficheiro:260-pio12.jpg|miniatura|dereita|Pío XII.]]
 
Promulgou a doutrina da [[Asunción de María|Asunción da Virxe]] como [[dogma]] de fe en 1950 mediante a constitución apostólica ''Munificentissimus Deus''; através da encíclica ''Fidei donum'' (1957), invitaba a toda a Igrexa a reactivar o espírito misioneiro, especialmente no [[África|continente africano]].